off
Cedeira, Política local — 2 Xuño, 2014 at 7:17 p.m.

75.000 euros de capital público para un centro de dia “externalizado”

by

Ollaparo_AuditorioCedeira_2013-08-07 13.18.22Ao parecer,  no “fogar” dos Rubido todo vai a fume de carozo e segundo conveña. Seica agora o Auditorio municipal servira de contenedor dun Centro de Día finanzado por subsídio nominativo da Deputación co intención de “externalizar” a súa xestión unha vez se teñan investido 75.000 euros de capital público.

Cómpre afinarnos as categorías analíticas que nos sirven para enxergar e entender o que pasa ao noso redor. A externalización ou terceirización de responsabilidades é a excusa que presentan os grupos dominantes que nos gobernan para seguiren aplicando as políticas de drenaxe de recursos do sector público cara o privado. Externalizar é privatizar porque ainda que a titularidade continue sendo pública o risco moral asúmeo a comunidade local e non os seus representantes ou a empresa concesionaria; logo do pleno de onte, ou o PSOE non se entera ou a máis de preguntar polo modelo de xestión que pretende aplicar o PP, a oposición toda debería terlles  esixido a quen nos goberna algúns interrogantes que preocupan e están na mente de calquera cidadán:

  1. A terceirización reducirá os custos fixos? Se xestionara o servizo o Concello, canto lle costaría ? Non hai datos nin hai cálculo , non son de dominio público nin están contrastados. Portanto, perante a opacidade, a redución de costos fixos cómpre poñela en dúbida.
  2. Se a actividade  ou servizo xera beneficios para unha empresa privada como é posibel que non se poda ofrece-lo nas mesmas condicións dende o Concello, se temos en conta que:

-se a  empresa está obrigada a contratar persoas da mesma Cedeira, e se non proporciona traballadores cualificados o mesmo podería ter feito o Concello

– a empresa concesionaria estará suxeita a tarifas para o público que non poderá subir , porque son dictadas pola administración local e que o mesmo podería ser feito polo Concello

– os responsalbes públicos adoitan declarar na imprensa a importancia e o valor engadido que a localidade conte con estes servizos (se tan importante é, por que son externalizados?)

– os responsables públicos e os medios de comunicación neoliberarais, a máis da  “esquerda”  que non se entera,  critican o exceso de persoal nos concellos que ben podería reubicarse nestas tarefas a través de programas de emprego

– como se repartirán as responsabilidades de ter externalizado un servizo público?  quen asumirá as posibles consecuencias negativas?

Sr. Rubido, Alcalde de Cedeira, que avance nun pleno que logo  de excutar o  investimento de  75000 euros de capital público  nun servizo sociosanitario para externalizalo despois, porque en caso de ofrecelo o Concello sería supostamente máis caro -ese será o seu argumento, non-si?-  non é máis que asumiren que a súa propia xestión do Concello é deficiente e por iso hai que “externalizala”.

 

2 Comments

  1. Pedro V. Vilanova

    Aínda non o creo: que non desbalden máis ca 75000€.
    Así é como empezan todos os contos…
    despois non lles saen as contas e…
    bótalle outra de carto público, que non doe!

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: