off
Meio ambiente — 1 Xuño, 2014 at 6:38 p.m.

Miño contra o recheo da praia grande

by

En semana santa mobilizábanse veciños de Cedeira  ao chamado do colectivo SomosCedeira e de Adega polo mesmo motivo que agora os de Miño: as politicas de recheio do PP como única, ineficaz e cara política de mantimento das praias de cara a “salvar” a temporada estival.


 

Informa o xornal Sermos Galiza que “decenas de veciñ@s secundaron este domingo a mobilización en contra do recheo da praia Grande de Miño e que denunciou o “risco que para o medio ambiente supón depositar centos de metros cúbicos de area na praia”.

Asi o manifestaba o dirixente local do BNG Henrique Abraia,que apoiava a concentra íon: “esta actuación só busca un resultado estético e encubrir os verdadeiros problemas que ten o principal activo económico de Miño”.

Alertan que  “boa parte destes depósitos acabarán novamente polo fondo da ría xá que“máis que solucionar un problema, o recheo que promove o PP vai traer máis problemas”.

Rosana Pérez, deputada nacionalista en Madrid, xa pediu que se paralizara esta actuación e que a Xunta reconsidere a actuación.

One Comment

  1. Xa lles ofrecimos a nosa experiencia “no sector”, adquirida a forza de non rendirse nunca dende que SomosCedeira xurdiu, vai facer un ano o vindeiro solsticio de verán.

    Coa desculpa do “Plan Litoral” Costas está a facer o que lle peta, saltándose polo forro a normativa ambiental. E peor de todo: nin fiscalía de oficio, nin nada, coma sempre, algunha veciñanza activa, mentres a maioría silenciosa tragsa con todo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off