off
Galiza, Internet, Redes sociais — 31 Maio, 2014 at 8:49 a.m.

O TSXG declara nula a intención da TVG de revisar os correos electrónicos dos seus traballadores

by

Após demanda interposta pola   Central Unitaria de Traballadores (CUT) contra a TVG pola resolución que permite revisar o correo electrónico do persoal, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  vén de declarar  a nulidade dos preceptos contidos na resolución na que se estabelecía  a normativa de uso dos sistemas de información. Así o recollia o xornal El País e o Colexio de Xornalista de Galicia no seu web.

Cómpre lembrarmos que a compañía da RTVG aprobou en xaneiro  ‘revisar’ os correos electrónicos e os arquivos dos servidores -reservándose tamén o dereito de monitorizar e comprobar, de forma aleatoria, calquera sesión de acceso a internet. dos seus traballadores e e do colaboradores que utilicen dispositivos corporativos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off