off
Meio ambiente, Natureza — 27 Maio, 2014 at 8:05 p.m.

Apareceu unha touliña varada no Condomiñas

by

 

Vén de aparecer no Condomiñas unha touliña ainda con reflexos motores segundo relatou nas redes sociais Somos Cedeira (xCedeira), grupo que alertou a  Coordinadora para o Estudo dos Mamiferos Mariños (Cemma), con sede en Ferrol, ante a imposibilidade de devolvela á auga con vida. Alomenos para que o Cemma poidera realizar a  necropsia que sirve para o inventario de varamentos e mortes de mamíferos mariños nas nosas costas. O paradoxo é que unha touliña deste tamaño- ocupa case todo o chanzo das escadas do peirao- escollera o leito dunha “reserva mariña” río arriba sen que houber calquer sistema de vixilancia e alerta. A policia local precintou a zona unha hora despois do avistamento.

En xaneiro o Cemma declaraba ao Diario Atlántico de Vigo que estaba a ser no norte do país onde estaban a detectar máis casos por mor da incidencia de temporais. Este tipo varamentos con infeliz deselance, son habituais na nosa costa sen que a cidadanía e a propia administración – máis tratándose dunha “reserva mariña”- teñan coñecimento suficiente do protocolo a seguir. Decote son os veciños que dan aviso a Protección Civil ( que non é competente) ao 112 ou ás policías municipais sen resultados eficientes que permitan salvar o animal, facer necropsias ou retirar o cadaver seguindo criterios científicos que permitan establecer os motivos da morte. Neste caso a Coordinadora para o estudo dos namíferos mariños (Cemma). En caso de varamento de animais pequenos  que non cheguen a unha tonelada é por lei o  Concello quen debería retirar o animal, mas sendo en espazo portuario, parece ser que correspondería a Portos retiralo  unha vez teña intervido o Cemma.

Competencia da Xunta de Galicia

As especies mariñas ameazadas, tartarugas e mamíferos mariños están protexidas, sendo competencia da  Xunta de Galicia  autorizar aos investigadores e Servizo Veterinario de CEMMA o estudo e asistencia aos animais varados. No caso de atopar un animal varado na costa, ben sexa vivo ou morto, deberemos notificalo o antes posible, chamando ao 686989008, ou ben a través do número de EMERXENCIAS – 112 (chamada de balde)

 

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'” lightbox=”true”]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off