off
Eleccións Europeas — 25 Maio, 2014 at 6:47 p.m.

A Fronte Nacional gaña en Francia e medra a extrema dereita noutros segundo as sondaxes a pé de urna

by

A Europa vira á extrema dereita, ao populismo de Estado. O vance da extrema dereita  en Europa ten clave estatal e presenta un novo escenario. Según as sondaxes gañaría en  Dinamarca (23%), Francia (25%) e  Hungría (18%).

En Grecia Amanecer Dorado sube ao 10%, FPÖ en Austria un 20,5%, o  PVV en Holanda un 12% e na Alemaña NPD un pouco máis do 1%.

 

Francia

A Fronte Nacional gaña claramente en  Francia, segundo as sondaxes a pé de urna.

  • O partido de extrema dereita rolda o 25% dos votos, moi por diante da UMP (20,3%), PS (14,7%), UDI-MoDem (10%), Verdes (8,7%) e FdG (6,6%).

 

Ollaparo_2f76-bogpedeurna_20_39
A Fronte Nacional acada o 25% en Francia

 

 

 Alemaña

  • A CDU-CSU de Merkel gaña en Alemaña  35,7% dos votos, cun descenso do 2%).
  • O SPD crece seis puntos até o 27,2%.
  • Verdes e Die Linke repiten os resultados de 2009, con 10,7% e 7,5% e os euroescépticos da AfD entran cun 6,8%.
  • Os liberais da FPD caen oito puntos, até o 3%.
  • Os neonazis do NPD poderían entrar na cámara cun 1% dos votos.

 

Austria

A FPÖ é a terceira forza acadando o 19,5%; gañan os conservadores da OVP (27,6%).

 

Finlandia

O Finns Party acadaría dous dos 13 escanos en xogo.

 

Dinamarca

Tamén segundo as sondaxes a pé de urna,Dansk Folkeparti é o partido máis votado,  cun 23,1% dos votos, por diante dos socialdemócratas (20,5%). 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off