off
Meio ambiente — 24 Maio, 2014 at 3:30 p.m.

Non olet

by

No ano 2003 Rafael Sánchez  Ferlosio facía unha interpretación da célebre «non olet» de Vespasiano que lle servía para salientar a hexemonía da realidade económica. Aquela que acababa por convertir a producción nunha fin que se xustifica por si mesma, ao ” non ten por que dar razón do seu inelectubel crecimiento».

Lembremos a idea central do “Non olet” : vén de cando Vespasiano deu a cheirar a Tito a primeira arrecadación de impostos sobre latrinas públicas, respostando: “Non ten cheiro”, ao que  o emperador acrescentou: “E, con todo, é o produto de urina ‘)

A sentenza de Vespasiano e a aguda interpretación de Ferlosio veñen a conto da  anéctoda relatada no Somos Cedeira:

“Eu estiven traballando de socorrismo na praia, (xa fai) e pasou o mesmo, pero estaba prohibido dicir nada a ninguén. Eu mais outro compañeiro fumos avisando persoa por persoa… pero cheguei a un home moi serio que me dixo: ¿ti sabes o que estas facendo? Eu dixen: si, avisar a xente de que hai merda na praia… E que teñan coidado cos seus fillos que non a vaian meter na boca. Pregunteille: ¿vostede ten fillos? Non me contestou, só me dixo: “lo que esta haciendo es que nos quiten la bandera azul”.

Ollaparo_20140523-bolas-praia-madalena
Bolas de orixe fecal na praia da Madalena, 23 de maio de 2014

O instinto de consumo na natureza humana  tamén é ineluctabel, promulga e ordena urbi et orbi a irresponsabilidade moral do consumidor. O socorrista responsable: “Hai merda na praia”.«Non cheira», dixo Tito.  O home serio:” “lo que esta haciendo es que nos quiten la bandera azul”. Ferlosio, acrescentou: «Mas fede».Non olet, sed olet. E o socorrista, anotou: ” a min non me cala ninguén!”.

Fedendo, mas envoltos nunha bandeira azul, e non é a galega. Xaora !

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off