off
Economía, Opinião, Política, Política local — 24 Maio, 2014 at 10:38 a.m.

A raíz da corrupción actual (I)

by

Xa o dixo José Luis Sampedro, e outros tamén: non estamos antes unha crise económica mundial, nin europea, nin dos pobos que compoñen Europa (pobos, algo real e invariábel; estados, algo administrativo e modificábel). Estamos ante unha crise de honestidade.

Ao respecto, dicía Pepe Mújica recentemente, que xa non é posible resolver os problemas globais dende as acción dos países cadaquén por libre. Cómpre pensar en clave global, sen ter que perder para nada cuestión identitaria de cada pobo. No noso caso, Galiza, seguirá sendo a nazón que é de seu –terra, mar, lingua, cultura, xente, ambiente..-, traballando integrada na UE dos pobos, e á vez en cooperación co resto do mundo.

Os termos baleiros e prostituídos (..dixémolo antes que Mujica 😉 como o imposible “crecemento sostible” (cómpre ir a un decrecemento sostible), a competitividade, o emprego a costa de precariedade, e a aberrante “austeridade”, deben ser substituídos polo termos tolerancia, colaboración, xenerosidade (e isto tamén o falamos en Cedeira antes que Mujica, que cousas 😉 Xenerosidade (fuxir de personalismos) e mentes con frontes amplas (Mújica) son o camiño.

Semella que erra Mujica cando di que “privatizando as cousas funcionan mellor”, se ben aclara que NON vai a privatizar NADA. De feito, non erra. Refírese a tal como funciona o estado do seu país. Uruguai, país do ano polo Washington Post, premio tomado por PP Mujica cunha humildade que xa lles gostaría os nosos “líderes” PPs…

Mujica rectifica, e di que é preciso un estado forte, que no caso propio, referímonos exclusivamente ao noso país, Galiza. Deste xeito, con xente honesta no mal chamado “poder”, xa que o poder reside no pobo, e facendo todo cambio sistémico fose preciso, sempre avalado pola cidadanía galega, iríamos avanzado cara unha nazón xusta e solidaria.

Un país onde se poida chegar a un punto onde o rendemento sexa recompensado, pois xusto é, pero no que seria inadmisible que, non sendo ninguén máis que ninguén, a diferenza entre o salario máximo dunha persoa e outra non poda ser de, digamos, 10 veces (por ser unha cifra recorrente entre macroeconomistas).

Como di o Ollaparo no seu lema,: “o universal é o local menos os muros”. Pensan quénes máis teñen que están a salvo mentres está medrando exponencial a problemática en África e a Unión Europea NON FAI NADA? Realmente cren estar a salvo? Se o cren, a cousa vai mal. E vai mal.

Cambiar o enfoque global político, xa

Os problemas máis grandes que vai haber en 30 anos son de carácter global, sabémolo todos, que non nos mareen que esa pila de lixo que son os termos políticos sen sentido pero consentidos: crecer, competir, ser máis que… por, cooperar, axudar, ser xenerosos, ir a Africa e a todo o terceiro mundo (nome feito por nós para unha desfeita tamén feita por nós), e aprenderlles a cultivar a terra, o mar, oficios, etc… Non máis muros, nin físicos nin mentais.

Novas nazóns, honestas e traballadoras, artelladas en torno a pobos reais non a agrupacións abstractas medievais, que se poderían levar moito mellor entre si se non os forzara unha maquinaria obsoleta a estar unidos á forza.

Non é necesario privatizar nada

No estado español mal venderon impunemente todo: dende eléctricas, enerxía e telefonía, ata bens básicos como os tratamentos de lixo (residuos urbanos sólidos e depuración –non “tratamento”- das augas, así como o acceso sen lucro algún ao auga potábel. Dereitos inalienábeis ao ser humano, antes de que ese 20% que manexa o 80% dos recursos planetarios, acabe facéndose cunha sub-humanidade orwelliana que rematará irremediabelmente nun revolución, ao ter metido á xente nunha calexa sen saída, como dicía Beltolt Bretch).

Demostraremos, nos seguintes artigos sobre o tema, os mitos que hai sobre aquilo de que “a privatización de servizos é máis rendible”. É falso. Agás para os amigotes de turno que papan os contratos, cazo aparte.

Por este motivo temos todo xudicializado (afortundadamente), porque de non ser por uns cantos xuíces valentes, a revolución estaría xa na rúa. Que a ningúen lle caiba dúbida.

 No vindeiro artigo comezamos a deconstrucción dos mitos da privatización, con casos concretos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off