Miña nai como é tan pobre,
cando non ten que me dar,
éncheme a cara de bicos
e despois rompe a chorar.
(Popular)
Miña nai! Cando eu digo o seu nome,
ó ouvido é celeste harmonía,
para os irmáns fresca regalía;
recordos dela e meu pai, o seu home.
Anque agora non te vexo,
sinto que estás ó meu rente
e me falas moi quediño
e outras veces me reprendes.
Apertas e mimos,
bágoas, colo, bicos,
sorrisas e choros,
dozura…agarimos,
Unha nai é unha nai,
sempre a hai que respectar
pois ela nos deu a vida
e nos mostrou como andar.
Hai unha preciosa copla
que resume o que é unha nai:
encher ó fillo de bicos,
pola carencia de pan.
Apertas e mimos,
bágoas, colo, bicos,
sorrisas e choros,
dozura…agarimos,
Se Deus é o Amor,
unha nai é unha deusa
decote a protexer
e non querer recompensa.
Recordo os primeiros contos,
os arrolos e cantigas
que mi madre me cantaba
para que eu me durmira.
Apertas e mimos,
bágoas, colo, bicos,
sorrisas e choros,
dozura…agarimos,
Tamén me lembro moi ben
cando enfermo me atopaba
e tiña moita quentura
como ela me coidaba.
As atencións dunha nai
son para telas presentes;
fixera frío ou calor
nunca ela estaba ausente.
Apertas e mimos,
bágoas, colo, bicos,
sorrisas e choros,
dozura…agarimos,
Eu quero tódolos días
contigo, mamá, falar
e cando estea en apuros
o teu nome hei de invocar.
Habería que poñerlles
unha estatua de pedra
a tódalas nais do mundo
pois non son entes calquera.
Apertas e mimos,
bágoas, colo, bicos,
sorrisas e choros,
dozura…agarimos,
Coincido plenamente coa túa reflexión. Unha aperta, meu amigo.
Acabo, Antón, de estar falando diso: do pouco recoñecemento que teñen as nais fronte ao esaxerado valor que se lle dá a un intelectual que fai unha tese, por exemplo (sen restarlle a este valor).