off
Cedeira, Eleccións Europeas, Opinião — 19 Maio, 2014 at 5:22 p.m.

Acto de campaña do BNG en Cedeira

by

Nunha mañá das máis fermosas e soleadas do maio das nosas letras celebrouse o acto público do Bloque Nacionalista Galego ao aire libre. Na alameda de Arriba da ponte, lugar acaído para tal ocasión, posto que o BNG nesta novedosa campaña, está a saír de auditorios e das canles oficiais nas que nos teñen vetados, para saír dos armarios onde o bipartidismo do réxime nos quixera ter pechados. Saímos a falar nas rúas e prazas porque nos medios públicos non se nos permite… Non vaia ser que se escoite a nosa argumentación baseada sempre na coherencia dos feitos enfiados logo en palabras

Este bloque non se esconde, lonxe de diso o colectivo que representa esta organización, a compaña que formamos este barco curtido en cen galernas sacamos a mar aberto a nosa nao, cando os intentos por levalo á afundir na costa eran máis que evidentes. Estamos orgullosos do noso esforzo, do noso traballo e da compaña, o pobo galego posto en pé.

Este acto comezou coa presentación dos convidados e o agradecemento aos presentes pola voceira local e concelleira María Xosé Rodríguez que fixo balance do traballo colectivo, dun traballo que quedaría en saco roto si despois non é apoiado en votos, pois cando o bloque está Galiza, Cedeira e calquera de vós está, isto foi o que nos transmitiu María.

[wzslider autoplay=”true” info=”true”]

Convidado por María a instancia do consello local saín eu tamén a expoñer os miñas teimas versaban na mesmo sentido e dirección, lembrando que a candidatura galega que encabeza Ana Miranda integra a representantes dos sectores máis agredidos do país e que nós non pedimos o voto para ir a Bruxelas para xustificar as políticas de saqueo senón que a combatilas, lembraba outros tempos e batallas que recordan os nosos posicionamentos históricos incluso denantes do tratado de Mastrich, ou non lembran xa loita do nacionalismo, aquel lema “Mercado Común europeo Ruína do Pobo Galego” u que a efectos reais e constatábeis o voto ao BNG ę o voto que lles doe.

Presentei a Secundino Garcia, alcalde de San Sadurniño exemplo de xestión municipal eficiente sen necesidade e externalización de servizos toda unha vida adicada á loita pola emancipación nacional e a defensa das veciñas e veciños tamén dos sectores produtivo maiormente no mundo da agricultura e cooperativismo, tamén na defensa do sector naval. Exemplificou con situacións concretas o nivel de desatención dos gobernos do PP co traballo e servizo público que predican, demostrou que eles non están ao que hai que estar senón a cousas ben diferentes. Pediu o voto para que tod@s nós poidamos estar representados,  feito que ten garantido co voto ao Bloque… Foi máis aló, incluso á aqueles que din que non votan a ninguén, que pasan e que non lles importa pois consideran que vale de nada, pediulles que o fixeran por nós, que a nós si nos importan as súas teimas, tamén ese voto perdido, sumado ao Bloque pode cambiar moitas situacións

Xabier Aboi rematou o acto lembrando a parte histórica, pois o nacionalismo galego leva organizado en Cedeira dende os comezos, das xuntanzas dos finais dos anos oitenta, nas que participaran Suso Pintos e máis eu, das que xurdira a necesidade de loitar pola defensa dos dereitos laborais do mariñeiros e da modernización formación do sector e recordou as xuntanzas con Serxio Ces da Asociación de Percebeiros. Xabier fixo un repaso a tódolos agravios que leva padecido a nosa frota por parte das autoridades da Comunidade Europea coa compracencia do PP, PSOE e IU que a nivel europeo sempre utilizan os nosos sectores produtivo como moeda de cambio para favorecer outras zonas do estado español.

Rematamos denantes que os fogos de artificio da festa do Santo Isidro comezaran a estourar e tomamos un refresco na Calexa… alí coñecimos de primeira man situacións da nosa historia recente, dende o Nunca Máis até dos inicios das loitas pola defensa das condicións laborais dos nosos pescadores… Porque Xabier Aboi forma parte tamén da historia recente de Galiza, desa que non sae nos xornais, pero que debería saír nos libros de historia ben documentados.

BNG preséntase a estas eleccións libre de créditos, non acudimos aos bancos, só utilizamos fondos e esforzo voluntario para afrontar esta campaña, na que non hai vila, aldea ou problemática en toda Galiza e incluso fora dela que a nosa candidata e a nosa candidatura non acudira ao chamado da cidadanía. Actos na rúa sen complexos e a certeza de que con máis ou menos apoios este barco chamado BNG navega xa a mar aberto rumbo a unha nova estrela.

Sin o bloque está ti estás, Galiza está, si o bloque non está ten por seguro que nada será o mesmo.

Rebélate dándolles onde máis lles doe, co voto que lles doe.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off