off
Língua, Ollo ao gato, ollo ao prato — 18 Maio, 2014 at 11:51 a.m.

Quen se fai cargo dos dereitos lingüísticos dos galegos?

by

A imputación de 12 persoas defensoras do idioma é outra volta de porca  da promiscuidade entre política e xustiza (que se extende e concreta en outras promiscuidades españolas, nomeadamente, a financieiro-política e os casos de corrupción) visibel no desprazamento ao autoritarismo posdemocrático (a inducción do medo que paraliza) como resposta ao problema lingüístico galego que con teimosía tentan agochar sob o mantra do “bilingüísmo cordial”.  Ao cabo, mais unha manisfestación  do espazo político clientelar que alimentou o actual modelo das autonomías, o “fiasco” español, a costa  dos dereitos lingüísticos dos galegos. Eis a baixa cualidade democrática do estado español, totalmente fora de perspectiva ao procurar unha cohesión de inercia contraria ao sentido da política democrática. Cómo se defenden do abuso de poder os que non o teñen? No entanto, o presidente de todos os galegos agochase na estructura piramidal do  Estado e do seu partido, na aparante  perspectiva económica, que lle sirve para erosionar dende o supremacismo e a endogamia españolista, os dereitos lingüísticos básicos dos seus concidadáns. Cómo pretender soerguer o demos galego dende a erosión do pluralismo? Cómo contaminar aos grupos minoritarios que viven isolados do idioma galego e dos seus productos culturais básicos se o presidente da Xunta non está interesado en recoser, entrefrebrar, culturalmente Galiza? Cando pensa entrar en diálogo cultural con quen acobilla tantos prexuizos recorrentes e un poder desproporcionado contra a cultura galega para que a fagan súa? Acredita en todo o que dí e fai o ministro Wert?

A diversidade cultural e lingüística do continente europeo e do estado español deberían ser unha vantaxe  e non un atranco. O idioma galego é unha potencialidade que pasa polo autorecoñecemento. Porén, hai quen vive nesta sociedade sen pasado nen futuro, en leiras ailladas. Fálase moito da tolerancia como se non fose unha concesión, obviando de onde vimos. O presente tamén sirve para entender a historia. A minorización do galego no seu territorio é producto de banalizar a historia, de invisibilizar a histórica falta de dereitos lingüísticos dos galegos.  Que recoñecemento lle concede o estado español aos galegos falantes? A onde nos leva o nihilismo do presidente da Xunta? Cal é a súa perplexidade?  Pode un presidente dun país desentenderse do que nos é común? Non se decata de que todos perdemos? Ainda pensa que o modelo de  “bilingüísmo cordial” é un conceito útil á cordialidade? Unha palabra de doada banalización que serviu para secuestrar a complexidade inducindo a deriva da  idea de responsabilidade que tanto nos marca. Aquí hai un problema de responsabilidade que é tamén de gobernanza. Tras que muro de indiferencia se agocha Feijoó para permitir a desfeita lingüística? Non lle abonda a vulnerabilidade e fraxilidade obxectiva dunha língua minorizada para construir sobre ela algo sólido no canto  de inventarse unha  falsa cordialidade soerguida sobre a vulneración de dereitos? Non se decata que está a inducir a fracturación? A persecución destas persoas non é talvez un exemplo de que as maiorías absolutas non deberían servir para todo e menos para as promiscuidades entre política e xustiza?Podemos chegar a pensar con siso que a imputación destas persoas se fai á marxe da incapacidade de intimidación da sociedade galega?  Pura lóxica destructiva a de quen non atende as voces que onte se ouviron nas rúas. Non ten nada que repensar, Sr. Presidente?

A inducción do medo

Aurélio Lopes, Joám Peres e Abraám Pinheiro deron unha rolda de prensa0 dia 14 en Compostela para denunciar o “xuízo político” que terá lugar a partir do 20 de Maio contra 12 galegos e galegas defensoras do idioma. “Afrontamos o proceso coa alegría e o orgullo de estar aquel día en defensa do galego”, afirmou Abraám Pinheiro.

Aurélio Lópes criticou  que se estea a pretender reducir un “conflito lingüístico, social” a unha cuestión xurídica. “Reducilo a un tema de orde público, duns simples incidentes”. Esquecendo que o galego está a esmorecer a pasos axigantados e que hai responsábeis desa situación.

Concentración nos xulgados

Os días 20, 22 e 23 de maio os Xulgados de Compostela acollerán o xuízo contra 12 persoas para as que a Fiscalía pide 46 anos de prisión e 34.000 euros de multa a raíz da resposta dada na rúa en 2009 a unha mobilización de Galicia Bilingüe. O día 20 de maio ás 9:00 horas está convocada unha concentración nos Xulgados de Fontiñas (Compostela) en apoio a estas 12 persoas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off