off
Imprensa, Internet, Movementos sociais, Opinião, Redes sociais — 15 Maio, 2014 at 10:58 a.m.

Segundo a portada do ABC as redes sociais son ETA

by

Ollaparo_ABCPara Bieito Rubido e para o ministro de interior as redes sociais son ETA, como calquer resposta social ao seu saqueo, é aí que queren impoñer o seu control policial, do mesmo xeito que están a criminalizar a resposta ao saqueo das súas políticas.  Un asasinato terríbel dentro das fileiras do Partido Popular, un axuste de contas entre militantes do mesmo partido queren convertelo en criminalización da liberdade de opinión. Iso namentres a liberdade de prensa española se atopa agora no posto 52 do ranking mundial, en  pobreza infantil de segunda de Europa após Rumanía e posto destacado en destrucción de emprego a níveis xa do planeta. A democracia española vaise espindo até retornar ao lugar de onde procede, Atapuerca.

A transición demostrouse que non foi máis que unha farsa orquestada por fontaneiros, persoeiros destacados da dictadura en alianza co “progresismo” que camiñou da man da CIA até o congreso de Suresnes para enguedellar á cidadanía na farsa bipartidista na que nos levan sumido por décadas. 

A realidade actual amosa que o rexime está a caer e nós empuxando para que chegue o dia. Celebraremos a caida desta caste de corsarios do século XXI, desta tropa de sinvergonzas, corruptos, saqueadores e clasistas totalitarios.  Empuxemos agora para vivir dignamente mañá. Imos fart@s e o noso esforzo non fixo máis que comenzar.

One Comment

  1. Elles máis doado punir e multar tuits que poñerlle cancelas os grupos de comunicación, e menos en plena campaña europea. Quen afirma “curarse en salud” facendo prevención, o que acabará facendo é censura. Resulta incomprensibel que non lles semellaran ofensivos até o de agora algúns contidos de televisión en horario infantil, que teñen vulnerado a eito o “honor” de particulares,etc. E os gobernos do Psoe e o PP a velas vir,ignorando as normativas xa existentes para regular contidos de impacto público. Para cando o mesmo celo para que os medios públicos e privados sexan cuidadosos coa diversidade e pluralidade do estado español?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off