off
Medio ambiente — 15 Maio, 2014 at 5:28 p.m.

O goberno central pón en evidencia a xestión da praia de Rubido

by
MariaXoseRodriquez
Maria Xosé Rodriquez

 A día de hoxe, 15 de maio de 2014, o BNG local de Cedeira acabamos de recibir a resposta do goberno do Estado á pregunta que fixeramos sobre a praia da Madalena. Na mesma, o que queda de manifesto é a improvisación do noso goberno municipal con respecto ao tema da praia e a coherencia e consistencia da proposta de Somos Cedeira e Adega que nós apoiamos.

No pleno extraordinario celebrado o pasado día 9 de maio, no BNG xa falabamos diso mesmo, de cómo  aínda estando en trámite de avaliación ambiental o proxecto “Actuacións na morfoloxía da praia da Madalena”, aparece por “arte de maxia” a actuación urxente da Demarcación de Costas en Galicia, e case dun día para outro comezan unhas obras na nosa praia das que só sabemos o que se nos transmite pola prensa.

Primeiro que se van a colocar uns postes de madeira ao pé da duna e despois que se vai a facer un transvase de area, e despois o da area xa non está tan claro, póñense os postes e a ver…Pero que é isto, no pleno extraordinario sobre a praia ao que antes me refería, o BNG tamén preguntamos en que ían consistir exactamente as obras que se están a realizar no areal pero non obtivemos resposta, xa que isto é cousa da Demarcación de Costas.

Ollaparo_madalena_abril_24_04_2014_3

Na resposta,  non se fala para nada destas obras actuais, se ben o certo é que o comezo das mesmas é posterior á data da mesma, pero dános a razón no tema do trámite ambiental e seguimos á espera da resposta do goberno galego na que si terán que falar das obras actuais.

Improvisación e abuso de maioría

E si no pleno sobre a praia o BNG xa falabamos do abuso da maioría absoluta do goberno municipal do Partido Popular de Cedeira, que dicir do celebrado hoxe, co único punto da orde do día “Aprobación de solicitude de participación no plan DTC 93 unha Deputación para todos os Concellos da Deputación Provincial da Coruña”.

Hai só dous días, tivemos comisión informativa de plenos para coñecer as propostas que quería incluír o goberno municipal no mentado plan. As propostas eran catro, tres relativas a obras na pavimentación de viais do Concello e unha para a execución de dúas acometidas á rede existente de abastecemento. Esta última á vista da documentación facilitada polo Concello, era a que nos xeraba máis dúbidas, porque ao final supoñía a inversión de cartos públicos, nun servizo que debe de ser público, pero que aquí está xestionado por unha empresa privada. O que nos levaba a preguntarnos que clase de contratos de asistencia leva feito o goberno municipal do PP, cando parece que temos que facer gasto público en investimentos a rendabilizar por empresas privadas.

Ben, nós pretendíamos debater sobre isto no pleno de hoxe, pero “máis improvisación”, as obras relativas ao abastecemento retiráronas e incluiron no mesmo pleno outra actuación de pavimentación. O BNG criticamos hoxe a forma e tamén o fondo de tanta “improvisación”, non se pode gobernar así a “salto de mata”. Hai infinidade de viais municipais que necesitan reparación por non falar das beirarúas e a cantidade de lousas soltas que hai en calquera delas, pero as propostas e as prioridades necesitan consensos, información e debate. A función dun pleno municipal, no que estamos representados os grupos políticos que representamos á cidadanía, non é só votar con independencia de que temas se traten, pero o goberno municipal popular non o acaba de entender ou non quere.Tal é a súa

Sinalar tamén que como temos xa manifestado noutros plenos nos que se tratan temas de obras a desenvolver no noso Concello o BNG volvimos a solicitarlle ao goberno municipal que se teñan en conta ás persoas en paro do noso pobo á hora das contratacións ou das adxudicacións das obras.

María Xosé Rodriguez, é portavoz municipal do BNG no Concello de Cedeira

2 Comments

  1. Coincido, claro que hai que cambiar as regras de xogo, así como todo o “aparello” institucional que herdamos da dictadura. E ese entendo eu que debe de ser o obxectivo político da xente de esquerdas que cremos que outra democracia é posible.
    Pero mentras non poidamos cambiar o que temos, “xogamos” no que hai aínda que sempre vaiamos a contracorrente.
    Para min pertencer a un grupo político supón ter unha ideoloxía, pensó que é algo moi necesario, os cambios non se fan sós, non parten da nada.

  2. Agradezo que neste sistema podre quede ainda xente coma vos preocupada polas cousas próximas. No personal, respeto profundo. Políticamente, como a maioría da poboación, pensando que se poden facer ben as cousas baixo un réxime de poder.

    (…)abuso da maioría absoluta(…)

    Esas son as regras de xogo sobre as que participades, o que chega a ela, PODE abusar. Hai un sistema que o impide: democracia.

    (…)pero as propostas e as prioridades necesitan consensos(…)

    Logo… ¿un acordo de merda, si é consensuado, convírtese nun bo acordo? O consenso é renunciar ás ideas propias. Gobérnase cando non é decisión técnica, con votacións por maorías.

    (…)estamos representados os grupos políticos que representamos á cidadanía(…)

    Os grupos políticos, todos, representades o aparato do partido. Non hay representación sen elección uninominal. Os concellos son réplicas da mesma estafa democrática que supón o sistema proporcional de votar listas de partido.

    Solución: democracia formal. Separación de poderes e representatividade en orixe. Sen isto, ainda que haxa unha candidatura gañadora con xente decente —algo imposible nun país sen liberdade de pensamento porque non a hai de prensa—, os próximos que chegaran atoparían unha máquina de abuso esperando para poder gobernar contra a xente. Se nos deixaramos de alimentar ó monstro juancarlista participando nel, igual tiñamos unha oportunidade; así levamos 70 anos, e seguen os de sempre. E non é culpa da xente por votar a… senon por votar sobre estas regras de xogo.

Deixa unha resposta a Mosquera Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: