off

EUvox, por si non sabes a quen votar

by

A aplicación informática Euvox, financiada polo Parlamento Europe e a  Fundación Open Society Initiative for Europe (Fundación Soros) para os 28 paises da UE., é unha ferramenta que pretende orientar ás persoas atraveso de preguntas de contido político para achar o partido que máis se achega ás preferencias do cidadán. Xurdiu para ofrecer unha solución de sintese para aquelas persoas que adican pouco ou ningún tempo a leren e entenderen as propostas e programas dos partidos políticos. Ben por indiferencia ou “falta de tempo”.  A eleccións europeas adoitan ter pouca participación e esta nova ferramenta ofrécese ás persoas que podendeo mostrar desafección son activos usuarios das tecnoloxías da información.

Os creadores da plataforma sosteñen que a recollida directa de opinión pública é anónima e só será empregada en investigacións científicas e análises académicas.

Está activa dende o 24 de Abril e o seu uso é sinxelo: ofrece a versión galega dun cuestionario  multilíngüe realizado por máis de 100 expertos en política e estudios electoralis de todos os estados membros da UE.

Ollaparo_Euvox_captura
Captura EUvox 2014
Ollaparo_Euvox_captura_2
Captura EUvox 2014

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off