off
Ciencia — 6 Maio, 2014 at 8:09 a.m.

Atlas estatístico de tecnociencia por rexións europeas

by

O Eurostat permite a consulta dun «Statistical Atlas» a escala rexional, a partires  dos dados do anuario «Eurostat regional yearbook 2013» .  O atlas contén mapas con información estatística sobre economia e finanzas, poboación e condicións sociais de vida, comercio e industria, servizos e transportes, agricultura e pesca e ciencia e tecnoloxía. Cada mapa achega unha lenda cunha breve explicación para interpretar atinadamente os dados.

Eurostat regional yearbook 2013
Eurostat regional yearbook 2013

 Se centramos a pescuda na información estatística sobre ciencia e tecnoloxia, o Atlas achega 4 mapas per rexions europeas:

– % Producto Interior Bruto (PIB) en Gasto R+D (2010)
– % Investigadores respecto á poboación ocupada (2010)
– % Recursos humanos adicados a ciencia e tecnoloxia respecto da poboación activa (2011)
– Número de solicitude de patentes ao European Patent Office (EPO) por millión de habitantes (2009)

Map 11.4: Patent applications to the EPO, by NUTS 3 regions, 2009 (1) (per million inhabitants) Cartography: Eurostat — GISCO, 05/2013 Administrative boundaries: © EuroGeographics © UN-FAO © Turkstat Source: Eurostat (online data code: pat_ep_rtot) (per million inhabitants) (¹) Provisional; EU-27, estimate; for a limited number of regions the latest data is for 2006, 2007 or 2008; Iceland, Liechtenstein, Norway, Switzerland, Croatia and Turkey, national level and estimates. Guadeloupe (FR) 0 25 Martinique (FR) 0 20 Guyane (FR) 0 100 Réunion (FR) 0 20 Açores (PT) 0 50 Madeira (PT) 0 20 Canarias (ES) 0 100 Malta 0 10 Liechtenstein 0 5 Patent applications to
Patent applications to the EPO, by NUTS 3 regions, 2009 (por millión hab)

 Cómpre por de relevo que o  mapa de patentes presenta información pormenorizada  a escala provincial.  Para termos unha  idea, a vangarda peninsular áchase no cadrante norleste:  Barcelona,  Guipúzcoa, Navarra e Zaragoza. Os dados galegos ofrecen unha mostra da disparidade:  A Coruña 12,8 ,Lugo 3,6,Ourense 3,6 , Pontevedra 10,8 fronte  Guipúzcoa 67,2, Navarra 70,7, Barcelona 67,5, Zaragoza 63,4.

En Galiza a participación de investigadores respecto das  persoas empregadas é do 0’99% (como Murcia) por baixo de Andalucía e Valencia e fronte o 1,25 do Principado de Asturias o 1,76 de Navarra e o País Vasco, o 1,32 Cataluña e o  1,83 de Madrid.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off