off
Eleccións Europeas, Mar e Pesca — 5 Maio, 2014 at 5:15 p.m.

Miranda, en Cedeira cos representantes da Confraría de Pescadores

by

mantivo un encontro cos representantes da Confraría de Pescadores na Casa do Mar e aproveitou para coñecer de perto a problemática da ría, a reserva e a praia da Madalena.A xornada en Cedeira serviu para recordarmos que Galiza, que é a maior potencia pesqueira da Unión Europea por número de barcos, fose “marxinada” no reparto da cota pesqueira da xarda, onde os 153 barcos galegos do cerco só recibiron 3.400 toneladas, fronte aos límites de captura dos que dispoñen outros países con menor potencial pesqueiro, como Gran Bretaña, que dispón de 288.000 toneladas, ou as Illas Feroe, que conta só con 55.000 habitantes e dispón de 150.000 toneladas. Eís a crónica da visita de Ana Miranda a Cedeira


  

 

Ana Miranda e Daniel Rodas,  candidata do BNG ao Parlamento Europeo e  deputado e portavoz de asuntos pesqueiros  no Parlamento de Galicia, veñen de reunirse cos representantes da Confraría de Pescadores para escoitar as súas angueiras e necesidades como preludio do acto de  presentación do programa da formación nacionalista ás vindeiras eleccións  ao Parlamento Europeo ás 19:30 na biblioteca do Auditorio Municipal. Na entrevista falouse da situación actual da Confraria de Pescadores e da súa lonxa, das cotas e descartes, da problemática da xarda, da frota cefalopodeira e do debalo nas condicións de traballo na pesca de baixura, ao dia ou a semana, en moitas ocasións piores que no Gran Sol.Cómpre lembrar que o Patrón Maior de Cedeira, Agustín Pérez Pernas, foi parte da delegación liderada pola eurodeputada Ana Miranda que no ano 2012 en Bruxelas se reuniu  coa con  Comisaria Europea de Pesca,Maria Damanaki, coa fin de defender a pescar artesanal galega. 

O Patrón Maior  concordou que a Política Común de Pesca (PCP) segue a provocar que  as pesquerías de noso continuen a perder postos de traballo no mar ao veren limitada as posibilidades de desenvolvemento e xeración de riqueza do sector. Apuntou  Agustín Pérez a impunidade e engano coa que faenan estas embarcacións e que se percibe a situación de discriminación e a necesidade de que o sector galego teña representantes á altura do seu peso socioeconómico e tradición, “para defender o noso xa que os demais defenden o seu” .

“Hai alomenos tres barcos vascos que teñen máis cota que toda a provincia de  Lugo ou que toda Asturias

Reunión co Patrón Maior

Miranda preocupouse pola reserva mariña e salientou  a  nova estratexia europea, sobre todo nas zonas protexidas,  animando aos cofrades a estar atentos aos fondos que con probabilidade se habilitaran , xa que ben pode compatibilizarse a pesca co medio ambiente e o problema da praia sempre que acaden e cumpran os criterios de protección.  O Patrón Maior aproveitou para informar alegación da confraría ao soterramento da Reserva mariña pola administración.

Após da xuntanza, Ana Miranda e Daniel Rodas  acompañados de responsabeis do BNG local e comarcal xunto con membros de Adega e Somos Cedeira achegáronse a interesarse pola problemática da Praia da Madalena, a causa e efectos do desleixo, tamèn das actuacións temerarias e contraproducentes da administración.Ao coñecer a situación achegáronse ao operario do guindastre que remataba a xornada e de brincadeira fixeron ademán de parala.

Miranda expresou o seu interese xa que no programa que defenderá en Europa os hábitats singulares deberán garantirse “dende a transparencia e o control das actuacións subvencionadas, para convertelas en verdadeiras oportunidades de desenvolvemento local”.

Na xuntanza tamén se reflexionou sobre o incumprimento dos criterios de pesca responsábel e da necesidade de protexer a frota artesanal das políticas insústentabeis que avalan os partidos maioritarios ao primar a pesca industrial e do arrastre.

Visitando a Praia da Madalena

Visita á praia da Madalena

Salientouse  a necesidadede compatibilizar a pesca co medio ambiente, apuntando o caso concreto da ría,   praia  e a reserva, sempre que se acaden e cumpran con rigor os criterios de protección.

Ana Miranda e D.Rodas co biólogo Xandro García (Adega) e Fernando Igrexas (Somos Cedeira)
Ana Miranda e Daniel Rodas co biólogo Xandro García (Adega) e MªXosé Rodríguez, portavoz  do BNG.

Malia ser un problema da praia, da ría e da Reserva de Interese Pesqueiro, a actuación do servizo provincial de Costas da Coruña só contempla recuperar a praia para os turistas sen atender a normativa de protección destes espazos e a súa viabilidade futura mesmo habendo unha normativa que a define como “reserva” e  por tratarse dunha  zona altamente dependente da pesca.  

Na praia da Madalena
Na praia da Madalena

 

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'” info=”true” lightbox=”true”]

Acto político no Auditorio Municipal

A visita de Ana Miranda en Cedeira rematou cun acto público no Auditorio Municipal acompañada polo responsable de pesca do BNG no Parlamento Galego, Daniel Rodas, e pola portavoz municipal do BNG en Cedeira, María Xosé Rodríguez.

A cabeza de lista do Bloque ao Parlamento europeo fixo un chamamento á participación nas eleccións do 25 de maio porque, dixo, “o que quere o PP é que non vaiamos votar, que nos quedemos na casa, para así poder seguir roubándonos o futuro coas súas políticas de recortes que esmagan á xente e obrigan aos mozos e mozas a emigrar”, afirmou.


One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off