off
Editorial, Ollo ao gato, ollo ao prato — 5 Maio, 2014 at 8:24 a.m.

El Mundo pide unha RTVE que españolice ainda máis

by

Non lles chega.Asobedan da enchenta, e ainda  queren mais. O xornal adicaba onte unha reportaxe sobre os pésimos resultados económicos do ente público español. Logo de esbardallar contra as televisión autonómicas, agora El Mundo apuntaba RTVE. O editorial alicerzaba nalgunhas mensaxes -mantra e algunha trampullada. Como cando afirma que malia gastar o que gasta RTVE só tén o 10% de audiencia (cando chega ao 17,5% se contamos todas as canles). E así polo miúdo até espetar:  “Na conxuntura actual de tensión territoriais, podería ser unha ferramenta para vertebrar, ainda máis cando hai canles que están a ser empregados como altofalantes da mensaxe disgregadora nacionalista”. Dino polos cataláns e polos bascos. Non pola TVG, madíaleva. Nin pola inxente cantidade de privadas que emiten integramente en castelán alí onde hai língua propia. Porén, non poden aturar que alguén os cuestione -pois síntense cuestionados polo simple feito de que alguén queira vivir con normalidade na língua de seu.  David intimida a Goliath, por moi pequeno que sexa, cando cuestiona.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off