off
Meio ambiente — 30 Abril, 2014 at 5:46 p.m.

Costas continúa “normalizando” a praia

by

Onde están agora os conservadores? Simple xogo de palabras, simple artificio retórico?  Cecais. Mas algo hai de descorazonador e desasosegante nas pás traballando na praia como nunha canteira ou nunha obra. Reparando nela como se fose máquina. Mas ser é, unha reserva mariña de interese pesqueiro.Ollaparo_Abril 2014 Praia da Madalena 1No transcurso da democracia neoliberal elevouse a capacidade de consumo e o grau de satisfacción das necesidades básica das poboacións dos chamados paises industrializados , entre os  que nos atopamos ainda que sexa desde a periferia saqueada e saqueando. Creando, de paso, bastante miseria psicolóxica entre as súas próprias poboacións. O que había antes non era ningun paraiso, sabémolo. Malia as apariencias, o espazo é de dificil manipulación, mas pódese manipular o tempo que, ao cabo, é o que está a facer Costas e o Concello de Cedeira, coa connivencia dos silenzos calculados, guindándose de cabeza a salvar o verán, é dicir, o que está en xogo, as eleccións europeas e o desexo insaciabel do consumo estival. Ao cabo, nesa evolución, o espazo, a praia e a ría toda, xa non importan nada. O seu valor tende a cero. Por iso é importante que agromen movidas como Somos Cedeira porque fornecen oportunidades dende o local para crear conciencia crítica,  para construir novos imaxinarios  e para inventarmos novas prácticas de resistencia.

 

[wzslider autoplay=”true”]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off