off
Movementos sociais — 15 Abril, 2014 at 1:08 p.m.

España, segundo país europeo con menos capacidade para reducir a probreza infantil segundo un estudo de Save the Children

by

As axudas españolas reducen o risco só  6,9 puntos fronte aos 32 puntos que reduce Irlanda. En Europa, o ano 2012 case 27 millóns  de nenos estaban en risco de pobreza. Segundo a ONG, este fenómeno está “estreitamente relacionado”  co insuficiente apoio económico do sistema de benestar canda as “pobres condicións laborais dos pais”. Os estados con menos nenos nesta situación son os paises nórdicos e máis Austria, Eslovenia e os Paises Baixos, son os que teñen un gasto específico “para abordar as causas profundas d pobreza infantil”.

No estado español, antes dos subsídios sociais, a porcentaxe de nenos que viven baixo o  limiar da pobreza é dun  36,8%. Logo de receber as prestacións sociais, é dun 29,9%.

Save the Children lembra que España ten un 29,9% da infancia vivindo baixo o índice de pobreza relativa –que fai referencia aos ingresos dos fogares-  porcentaxe só superado por Romenia.A porcentaxe de menores que mora en fogares que gastan máis do 40% dos ingresos en costos do fogar é dun 20,5%,mentras que a mediana da UE é do 11%. O abandono escolar prematuro tamén é liderado por España cun 24,9%, seguido de Malta (22,6%) e Portugal (20,8%). A ONG pídelle ao executivo de Mariano Rajoy ampliar cuantitativament a prestación ás famílias con fillos, que sexa compatibel conoutras axudas e que se ingrese cada mes.

Unha situación que Saved the Children define como “inaceptabel” xa que a pobreza dos nenos é unha “problema do Estado”. “A situación é de urxencia e reclaman medidas de urxencia”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off