off
Política, Politica espanhola — 9 Abril, 2014 at 7:35 a.m.

O Gongreso veta o 9-N sen ofrecer saída ningunha

by

Un debate previsibel. Ao final acabouse por confirmar a deriva de funcionamento da democracia española cara unha radicalización do Estado oligárquico de dereito, o que Rancière,  profesor de filosofia política Universidade  de Saint Denis (Paris VIII) define como o “acaparamento da cousa pública a través dunha sólida alianza entre a oligarquía estatal e a oligarquía económica”. Como se a Constitución fose unha agasallo dos propios oligarcas, como se non fose gañada pola acción democrática. O que queda é o que onte se escenificou baixo a forma aplicada polos “partidos de goberno” (a minoría máis forte): “o imperio da lei”. E como se sabe, un imperium era para os romanos o poder de mandar e punir baixo vixilancia militar. Gobernar sen atrancos e elidindo “o pobo suplementar que non está inscrito na constitución” (Rancière).

PP, PSOE e UPyD dín quen nen poden nen queren ceder a competencia e apelan a mudar a carta magna, é decir, a visión consensual inherente á propia lóxica do sistema oligárquico segundo a cal non hai máis realidade ca esta e para a que sempre dan a mesma resposta. O imperio da lei é despolitizar os asuntos públicos non deixando espazo para a invención, só para a servidume. Todos agardabamos algo máis. O ‘Financial Times’ constata que o proceso “avanza cara o choque”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off