off
Meio ambiente — 3 Abril, 2014 at 10:20 a.m.

Estase pola labor de solucionar o problema da praia? Somos ou non somos?

by

Ollaparo_cousas_Castelao Ollaparo_uns din que si _CastelaoO alcalde de Cedeira, Luis Rubido (PP) e  o portavoz do PSG-PSOE, Xosé Luis Vergara,  veñen de cruzar declaracións na imprensa comarcal centrando o debate da problemática da praia na duna, obviando calquera outra variabel das debatidas e problematizadas públicamente por Somos Cedeira e Adega e nestas mesmas páxinas.

O problema dos debates realizados por representantes públicos através de comunicados de prensa é que a percepción que queda no cidadán atento adoita  ser o da comenencia calculada cando non unha pura mostra de desleixo e falta de interese.  Ao centrar o problema na duna, está a demostrar connivencia o PSG-PSOE  coa proposta de soterrar a reserva mariña como fai o PP?.  A sensación que queda é de frivolidade e uso instrumental do problema como munición para facer oposición.  O que xa resulta inaudito é o apelo do portovoz  socialista a unha plataforma veciñal inespecífica, ou iso é o que quere facer crer,  dando mostras dunha avidez sorprendente polos comunicados de prensa como forma de facer política (o curtopracismo), dado a falta de liderado que se está a mostrar no asunto ao instrumentalizar, obviar e ignorar públicamente as propostas e documentación achegada por Adega e Somos Cedeira.  Un xeito evidente de desinformar, dicir o contrario de fai uns días, que xa era contrario do que se tiña dito.

Non se poden facer políticas que aturen a dereita parecéndose a ela, nas formas e no contido. Últimamente, a cada nova iniciativa ou achega  da plataforma cívica ou da asociación ecoloxística (léase a convocatoria aberta a toda a cidadanía do día 11) contrapóñense mais convocatorias ( a do día 8, que é posterior). Desconcerto. Política de imposíbeis para logo dicir que non se colabora?. Somos Cedeira leva dende comezos do verán de 2013 emitindo propostas en open access, achegando documentación, debatindo a sempre complexa problemática da praia dende a evidencia científica dispoñibel que é máis ben adaptativa e non intrusiva mentres non se debullen con máis claridade as causas. Trátase de turrar por turrar ainda que as palabars se contradigan  (confiando na fugaz memoria da cidadanía) ou hai verdadeira vontade de arrimar o ombro a Adega&SomosCedeira? Estase pola labor de ollar polo ben común e solucionar o problema sen crearen falsas expectativas  (lémbranse do dique e de fornecer area de canteira)?

Precisamos dos representantes públicos un relato sobre a problemática da praia baseado nunha boa diagnose, unha prognose e un tratamento que garantan a contintuidade da “reserva” a través da reactivación dos procesos de seguimento científico.

Un relato que deberá incluir á cidadanía e á sociedade civil.  Para poder facer iso, dada a complexidade do problema, non se pode axir única e exclusivamente ao ditado do aparello de tecnócratas que teñen aplicado durante todos estes anos medidas que non deron resultado.

O informe publicado onte pola ONU, do que Ollaparo recollía as conclusións básicas, é inequívoco:  non sirven as medidas curtopracistas, que non teñan en conta o contexto; precísase información aberta que implique ás comunidades; a perda de ecosistemas pode ser devastador para todos os sectores se só se aplican alternativas paliativas e parciais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off