off
Cinema — 2 Abril, 2014 at 6:28 p.m.

Play-doc. Festival Internacional de Documentais de Tui

by

Ollaparo_playdocTui  celebra o 10 aniversario do Festival Internacional de Documentais a partires de hoxe até o 6 de abril. A proxección inaugural será para a curtametraxe de Bogdan Dziworski, un dos homenaxeados doutras edicións, xunto con Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Jay Rosenblatt e Albert Maysles. O convidado especial será o mexicano Nicolás Pereda, un dos máximos valores do seu país, un cineasta que se move entre a ficción e o documental para palpar a realidade de México coa súa cámara, ao que o festival adicaralle  unha retrospectiva completa, estreando por primeira vez no estado español os seus filmes máis recentes, Matar extraños e El palacio. A este ciclo súmase unha sección oficial con seis títulos, “todos eles con elementos etnográficos comúns, aínda que con moi diversas e interesantes aproximacións”, indica García. “Ante todo, trátase de procurar os filmes máis interesantes da tempada”, di a directora, que tamén recordou que todas as películas chegan avaladas por boas críticas e premios en festivais internacionais. Entre as actividades paralelas  deste no, que os directores Sara García e Ángel Sánchez, presentaron con vocación de continuidade, será o Laboratorio de Apuntes Fílmicos, dende o que reflexionar sobre conceptos concretos en cada edición, convidando a varios directores galegos a que filmen pezas en torno a eles. Desta volta, o concepto é a “transformación”, e sobre el traballan Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos. Ademais, a revista especializada A Cuarta Parede pon en marcha un seminario para formar a novos críticos, e presenta o seu libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI, acompañando isto con tres sesións de cinema luso.

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off