off
Economía, Politica espanhola — 1 Abril, 2014 at 1:00 p.m.

Cando a realidade é unha media estatística

by

O ministro Montoro vén de dicir que os datos de Caritas sobre a pobreza non  reflicten a realidade. Para Montoro todo se resume nunha media estatística, a que se deriva das cifras e datos do seu Ministerio. Para Caritas a pobreza é unha  paisaxe concreta: as vidas das persoas, o conxunto de experiencias humanas.  Velaquí un caso de desfase entre gobernantes e sociedade. A realidade  como resultado dun conxunto observabel de datos. Iso, e só iso. O trazo é groso. Ante todo, o papel dun concepto verdadeiramente social non é reducíbel a cifras. Compríría insistir en que unha idea se torna concepto social liberador cando non mata ou inmobiliza a vida. Nietzsche dicía que a verdade é a máis fonda das mentiras.   Asín, a desagregación utilitaria da pobreza tórnase  unha simple variante dependente  dunha comprida serie de factores matematizables.  Porén, o problema non é de profesión ou de gobernanza,  é de punto de vista. O que lle impide a Montoro mudar de escala e establecer a relación entre pobreza e coñecimento da pobreza.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off