off
Ecoloxía, Meio ambiente, Movementos sociais — 1 Abril, 2014 at 7:18 p.m.

A ONU alerta nun informe que os efectos do cambio climático xa se notan en todas partes

by

As conclusións baséanse en case 95.0000 publicacións científicas que analisan o cambio climático entre 2002 e 2010.Veñen reafirmar as conclusións do cuarto informe de 2007. Máis riscos vencellados a fenómenos climáticos extremos, máis riscos de incendios, de asulagamentos, mala calidade da auga, riscos para a saúde, mudanzas significativas na productividade dos cultivos, máis risco de secas.

Son máis de 1000 páxinas de informe que haberá que ler con siso e que non se poden ignorar. Hai algunhas conclusións que cómpre destacar e, se hai sentidiño,actuar en consecuencia:

  1. A daptación aos impactos do cambio climático depende do lugar e contexto específico. Non dun enfocamento único. A reducción efectiva dos riscos e as estratexias de adaptación deberán considerar os vincallos coa vulnerabilidade e o grao de exposición a cada impacto. Haberá que coordinar esforzos entre os gobernos estatais, nacionais, autonómicos e locais  a través da diversificación económica e ofrecer marcos legais e políticos e con orzamentación axeitada.

  2.  Os gobernos locais, a sociedade civil e o sector privado son fundamentais dado o seu papel para a difusión d adaptación das comunidades e as familias; para a xestión da información sobre riscos e o finanzamento.

  3. A falta de liderado e a subestimación da adaptación como un proceso social complexo pode crear expectativas non realistas dos resultados esperados sobre proxectos concretos de adaptación.

  4. A mala planificación, un exceso de énfase en resultados a curto prazo e unha insuficiente anticipación das consecuencias poden xerar unha adaptación non axeitada e contraproducente, é dicir, pode aumentar a vulnerabilidade ou a exposición a determinados grupos de persoas no futuro, ou a exposición vulnerabel doutras persoas,espazos ou sectores. As respostas a curto prazo aos riscos relacionados co cambio climático tamén pode limitar as opcións futuras.

  5. Resulta eficiente combinar políticas paliativas e adaptación nun marco crecente de complexidade das interaccións entre as dúas e enxergando as incertezas. Nomeadamente na intersección entre auga, enerxía, uso da terra e a biodiversidade. Os autores do informe deixan claro que a perda de ecosistemas insírese no listado de riscos máis importantes que atinxe o cambio climático: corren risco de perderse os ecosistemas mariños, as costas, a biodiversidade  e todo o que iso supón para as persoas qeu viven nas ribeiras, sobretodo para a pesca.

O que vén dicir é que o cambio climático xa está aquí e os seus efectos poder ser devastadores en termos económicos e sociais. Non facer nada xa non é unha opción. E cousa de nosa porque ninguén o vai facer por nós. Quen non queira facer nada que nolo diga agora. O problema da praia de Cedeira, de recente e polémica actualidade, a adquire unha nova dimensión, sobre todo a actitude curtopracistas das medidas previstas, que non teñen en conta o contexto.  O defenestrado sector galego da enerxía limpa tamén. A actitude do avestruz e esperar a velas vir é unha estratexia que nos leva a un entorno pouco desexabel, menos saudabel, con mais desigualdades, menos competitivos. Precisamos información aberta, unha política socioeconómica alicerzada na política medioambiental.

O informe  xa recibiu o apoio de varias ONG que veñen de facer un comunicado conxunto. Oxfam International fixo un chamado á acción urxente dos gobernos. Greenpeace pídells aos líderes políticos a aceleren a transición cara as enerxías limpas  e seguras para evitar ameazas máis graves e para protexer frgas, océanos e especies naturais.

Esta alerta véna amosar que o cambio climático é un problema a longo prazo para o que non sirven as solucións a curto prazo e  que non dan froitos nunha só lexislatura. Aviso a navegantes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off