off
Movementos sociais, Política — 25 Marzo, 2014 at 10:50 a.m.

Cando éramos da UCD

by
Cartaz Senadores por La Coruña : vota UCD.Foto: Berto Yañez
Cartaz Senadores pola Coruña da UCD. Foto: Berto Yañez

A forma, cando menos pouco “elegante” como se foi comunicando a inminente morte de Adolfo Suárez até se converter nun suceso mediático pouco respetuoso coa súa persoa, non debería deixarnos indeferentes , un bó motivo para poñermos retrovisor  e fitar unha época que non foi, nin moitos menos idílica, mália a teimosa mitificación das elites mediáticas.  O 9 de abril de 1977   foi legalizado polo goberno de Adolfo Suárez o Partido Comunista de España. A UCD de Suárez legalizou primeirio ao PCE, a esquerda independentista galega ou a catalana seica eran máis perigosas. A Unión do Povo Galego  (fundado en 1963) foi legalizada un ano despois, en xullo de 1978. Para concorrer ás primeiras eleccións democráticas houbo que crear unha fronte nacionalista, BN-PG, que integraban a UPG e a AN-PG, que estaban sen legalizar. Esquerra Republicana de Catalunya (fundada en 1931) para poder presentarse ás eleccións estatais de 1977  houbo de presentar-se  cos maoistas do Partido del Trabajo.  Porén, o PCE puido presentarse coas súas siglas.  Galicia concedíalle á UCD de Adolfo Suárez unha infinita confianza: 20 escanos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off