off
Cultura, Livros — 22 Marzo, 2014 at 5:02 p.m.

Quen teme as bibliotecas?

by

O orzamento das bibliotecas galegas  sofre un debalo do 76%.O Observatorio da Cultura Galega publicou esta semana o  informe  do estado das bibliotecas galegas

Os datos :

  • Os orzamentos pasaron de 5,5 millóns de euros en 2008 ao 1,3 millóns en 2013 (un debalo do 76%)
  • Medrou o número de usuarios inscritos na rede de bibliotecas, pasando de 872.116usuarios en 2008 a 1.029,856 de 2012 (un aumento do 18,00 %).
  • Galiza é a terceira pola cola  uso das bibliotecas: só 16,3 % da poboación dí acudir a elas con certa frecuencia.
  • Perdéronse 45 bibliotecas dun total de 505( tal e como tén sinalado ANABAD Galicia, a metodoloxía do INE permite que algúns depósitos de libros que non ofrecen servizos de biblioteca se contabilícen como se o fosen)

Con estes datos abonda para debullar o estado xeral da cultura en Galiza. Unha debalo tan brutal nas políticas públicas de lectura significa obsolescencia dos fondos documentais (oferta desactualizada), discontinuidade  ou desaparición de programas de lectura e de alfabetización informacional, redución de plantillas con precarización e ausencia de profesionais cualificados á frente das bibliotecas e dos puntos de lectura. Un debalo que contribue decisivamente a facer das bibibliotecas simples contenedores sen capacidade para promover ideas innovadoras e maior dinamismo (coñecemento dixital). Podería semellar un paradoxo se a perspectiva a empregar fose a de quen concibe as  bibliotecas públicas  tal e como as describe a UNESCO ou a IFLA, como institucións basilares para o desenvolvimento social e cultural dos paises e dunha cidadanía libre e non dende a curvatura  da austeridade: menos é máis. Aumentan os usuarios inscritos, mas recórtase até un 76% o orzamento. Non é un paradoxo, se o fose, decataríanse. A dereita neoliberal só vé nas bibliotecas unidades de gasto e non servizos esenciais como a educación e a sanidade.

O ministerio de Wert tamén recorta en bibliotecas

É curioso que a nosa época, cebada no políticamente correcto, tenda a ver racismo, homofobia e discriminación económica e social  en todas partes agás alí onde aniña. O Goberno español presentaba en outubro do ano pasado uns orzamentos de Estado para 2014 que xa constataban a falla de interese por parte dos gobernos do PP no ámbito bibliotecario (debalo do 29%). Ainda que se fitamos para o  período de 2008 a 2014, o recorte total foi  60%.O Estado español foi reducindo a súa achega ao sistema bibliotecario español 59’07%, pasando do 105 millóns deuros de 2008 aos43 millóns de 2014.  O mantra da crise económica non explica ese recorte que atinxe tamén a outros ámbitos como os servizos sociais, a educacion e a saúde.De feito, de 2008 a 2014 o orzamento xeral do Estado medrou  8’40% (ministerios e organismos autònomos, débeba pública etc.) mentras o orzamento do Ministerio de Cultura debalou un 41%. Paralelamente os cartos adicados a biblioteca baixaron un  59’07%.

Cinismo e oportunismo antisocial

Maltratar deste xeito a un dos poucos servizos socioculturais que teñen os concellos, abertos a toda a cidadanía  e durante todo o ano, é pura discriminación no acceso á información e ao coñecemento. Certo é que non son poucos os concellos que teñen contribuido a dar unha imaxe distorsionada ao reduciren a biblioteca a seren   substitutos da contorna familiar (facer os deberes da escola), sen dotalas de infraestructuras, accesos e  de fondos documentais axeitados e con persoal mínimo e pouco cualificado, reducindoas a  meros puntos de acceso a internet  seguindo a moda da tecnopaifocada e o ambiente de papanatismo. A técnica non o resolve todo, nen a informacion é igual a coñecimento. Porque non todo está en internet (e se estivera habería que saber interpretalo con coñecimento), nen todos os lares tenen conexión de banda larga nen as últimas achegas da literatura galega e mundial,  por non falarmos dos traballos de zapa (alfabetización informacional)  que realizan decote algúns  bibliotecarios. As bibliotecas públicas achegan valor para reequilibrar disparidades de orixe no acceso a información. Nelas acobilla a excelencia para quen a queira atopar. O que os clásicos chamaban bios theoretikós ou vida contemplativa, que consideraban a vida verdadeiramente humana. Feijoo, Sr. Wert, o home é máis do que un animal competencial.

Que os retardados que levan as rendas da Xunta reivindiquen  o pensamento neoliberal  se así o desexan! Que acrediten se queren na mundialización liberal e  nos mecanismos puros do mercado de Hayek! Porén, que  vaian as fontes do liberalismo, que lean a Hume e a Hobbes, a Constant ou a Mill, a Popper e a Berlin!. Hanos atopar en moitas bibliotecas. Que lean se o desexan a Adam Smith (para quen a  economía  resultaba inseparabel dunha opción moral) ou a  Ètica política de Alois Rilken!.  Neste último poderán atopar os procedimentos contra o abuso do poder.  Ao cabo,  para que sirven os impostos? Para alimentar á banca e ao capital especulativo. Nin pegada do elemento ético do liberalismo clásico.

Para poder prácticar este culto da austeridade pura, os turiferarios desaparecen as bibliotecas e, con elas, a sociedade toda. As bibliotecas son espazos extraordinarios para combater o paternalismo que nos abafa, para socializarmos tamén no aprendizado autónomo procurando aquelas respostas e solucións que deberiamos atopar cada un de nós de forma autónoma.  Sen esta aprendizaxe non hai aprendizaxe da liberdade. Onde é que foi o coñecimento que perdimos coa información? Tornarse sensibles á degradación das bibliotecas é  unha oportunidade para amosar o mellor da cada un de nós.  A saturación informativa estanos volvendo preguiceiros. Até o punto que nas escolas avalíase aos nenos  segundo os coñecementos mínimos e non segundo a excelencia. A teoría está mal vista cando é un eido esencial da experiencia do coñecemento e da liberdade.  As bibliotecas serán o que sexa a sociedade.

CODA. En Francia 2014 é o ano das bibliotecas( 2014, année bibliothèques, selon Aurélie Filippetti)

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off