off
Politica espanhola — 22 Marzo, 2014 at 8:58 a.m.

O portavoz do PP no Congreso afirma que é igual de antidemocrático “impoñer a vontade pola violencia ou polas urnas”

by

O portavoz do PP no Congreso, Alfonso Alonso,  afirma que é igual de antidemocrático “impoñer a vontade pola violencia ou polas urnas”. Por outra banda, Ignacio González , presidente da Comunidade de Madrid  comparou as Marchas da Dignidade cos neonazis gregos. O PP renuncia á realidade e descobre a ideoloxía do pior, o esquematismo franquista. Alimentan o sistema que fai limpeza de persoal nas empresas, recortan dereitos sociais e linguísticos, erguen muros no corpo da muller . Sen arrepentimentos. Que significa ese agresivo tropismo cando están contribuindo de xeito tan activo ao mundo tal e como está hoxe en día? Estes dous personaxes son un entrefrebrado de todo o que carateriza a xeración que tén as rendas da nosa época, aos que sumarían Feijoó,Rueda e Juárez e algúns máis de dereita a esquerda: cinismo e insolencia case sempre sen vergoña, impartindo sen dubidar a inxustiza liberal como se fose un andazo. Rancière soñaba con confiar o goberno a individuos eleitos por sorteo.Agora entendemos o  por qué.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off