off
Educação, Saúde — 22 Marzo, 2014 at 12:22 p.m.

A CIG-Ensino solicita ao Valedor que investigue o gasto de 886.984 € en privatizar as revisións médicas do profesorado

by

A CIG Ensino vén de denunciar ao Valedor que a falta de entendemento entre as consellarías de Educación e Sanidade implicará o malgasto de cartos. Segundo as contas da Consellaría de Educación, van pagar 2.217.461 euros a unha entidade privada, cando no SERGAS se podería realizar por 1.330471.

“É incomprensíbel que, por desavinzas entre as dúas consellarías, os cidadáns e cidadás galegas teñamos que pagar preto dun millón de euros, dado que, segundo as contas da Consellaría de Educación, van pagar 2.217.461euros a unha entidade privada, cando o custo no SERGAS se podería realizar por 1.330471”,debullou Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino.

A CIG-Ensino acha  improcedente que se privatice o servizo de prevención de riscos laborais, cando, segundo os propios cálculos da Consellaría de Educación, de se realizaren os recoñecementos médicos no SERGAS o custo sería un 40% máis barato, isto é, 886.984 euros menos

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off