off
Europa, Politica internacional — 20 Marzo, 2014 at 6:27 p.m.

A división ucraína

by
Ucraína.Galipedia
©Ucraína.Galipedia

Dicía o canciller Otto von Bismarch que o segredo da política era acadar un bo acordo con Rusia. O portazo de Ianukovich ao Acordo de Asociación entre a Unión europea e Ucrania detonou a revolta que rematou coa súa corrupta presidencia (Ucrania é o país de percebido polos seus propios cidadáns coma o máis corrupto de Europa). O Centro Razumkov  de estudos sociolóxicos é nídio neste pormenor: nunha enquisa de 2012 tirou a conclusión de que non hai consenso dentro da sociedade ucraína en termos territoriais nen vontade unánime por integrarse na Unión Aduaneira liderada por Rusia nin na Unión Europea, unha división ao 50%. Unha división interna que pon en perigo a súa continuidade tal e como a coñecemos dende a súa independencia.

Hai un trasfondo cultural e de percepción evidente: mentras  territorialmente Ucraína é un país europeo para o 70% das persoas consultadas, só o 34% resposta que se sinte europea, en termos de pertenza cultural e percurso histórico. Mesmo na Galicia  austríaca o “non” acada o 60%. Nas rexións do sul e do leste o sentimento europeo acada os resultados máis baixos. En Crimea, unha cuarta parte da poboación.

A situación é complexa,un funil que está lonxe de se poder reducir ás arelas imperialistas da Grande Rusia comandada por Putin. En 2011 só 24% cos crimeanos estaban a favor da secesión e anexión a Rusia. Mantese o padrón de división política até o punto de que dende a súa independencia é máis visibel ca nunca no mapa, o territorio Ianukovich e o territorio Timoichenko.

Cómpre ollar para o Leste e para África. Na nosa modernidade o territorio, que daba forza ao Estado no s.XIX e XX, esfaragulla cara atrás, na Idade Media, onde o territorio podía estar suxeito a moitos poderes territoriais (igrexas, feudos, reinos,etc). 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off