off
Europa, Politica internacional — 17 Marzo, 2014 at 8:36 a.m.

Crimea vota anexionarse a Rusia

by

Crimea pedirá hoxe a anexión  a Rusia  logo de ter gañado o si  co 96,6% dos votos na consulta celebrada onte. O Parlamento de Simferopol anunciou  que cursará hoxe a petición formal a Putin para a reunificarse con Rusia.


Ollaparo_CrimeaO 96,6% dos crimeanos (1,27 millións) votaron a favor da reunificación  con Rusia o  referendum celebrado este domingo na aínda república autónoma ucraína, segundo informou esta segunda Mikhaïl Málishev, xefe da comisión local, ao final do escrutinio. Os resultados definitivos non foron verificados por observadores independentes.”Estes datos non mudarán”, destacou Málishev en declaración nunha radio locla, ao tempo que cifrou nun 82,71% a participación na consulta O próprio Málishev estimou antes de ter rematado o escrutinio que pouco menos do 3%  de eleitories  se pronunciou  a prol da segunda pregunta: unha ampla autonomia dentro  de Ucrania.

De acordo coas cifras da participación, ademáis do  60% de rusos étnicos,  tamén terían votado a minoria ucraína e, segundo as autoridades, unha pequena porcentaxe tártaros, que fixeron un chamado a boicotear a consulta na que tiñan a posibilidade de dúas preguntas:”Está vostede a favor da reunificación de Crimea con Rusia como suxeito da Federación Rusa? ” e ” Està vostede a favor que volva poñer en vigor a Constitución de Crimea de 1992 e do estatus de Crimea como parte de Ucrania?” .

Os conflictos conxelados arrástranse hai anos- algúns hai séculos: de oriente a occidental. O espazo  postsoviético arrastra moitos deses conflictos e non hai perspectiva de resolució: do Transdniester a Moldavia, Abkhazia,  Osetia do Sul, Xeorxia.

Putin defendeu onte pola noite a lextimidades do referendum de Crimea nunha conversa telefónica co presidente dos EUA, Barack Obama, que seica lle lembrou ao xefe do  Kremlin que Occidente adoptará sancións se Crimea se adhire á  Federación Rusa.

Estados Unidos e as cancellerías occidentais condenaron onte pola noite a consulta,  adiantando que non recoñecerán os resultados e fixeron unha defensa a calquera custo da integridade territorial de Ucrania, sinalando de anticonstitucional a votación.  Estamos a cabalgar de novo nas garupas  da Guerra fría? O que está a acontecer en Crimea e Ucrania aínda pertence á lóxica do s.XX.

E AGORA? O referendum en Crimea seica non vale e non debería de valer para as potencias mundiais, agás Rusia. Mas cómpre reparar nun feito non banal: fíxose. Portanto, como demócratas e europeos deberiamos decatarnos que no referendum  hai un chamado, unha interpelación que, se ben non é vinculante e decisoria porque non se fixo en condicións – co exército na rúa, sen campaña limpa e  con  medo de que as minorías non fosen respeitadas e sen garantias obxectivas.Non atender ese apelo sería darlle máis razóns ao regreso da lóxica fría das grandes potencias, alimentar a Europa sen política que temos, a do xogo da dereita neoliberal no poder.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off