off
Pensamento — 13 Marzo, 2014 at 7:07 p.m.

A revolución como modelo de cambio social na Semana Galega de Filosofía

by

Ollaparo_boisalvaxe_deniroA Aula Castelao de Filosofía  vén de presentar a trixésimo primeira edición da Semana Galega de Filosofía, que se vai desenvolver entre o 21 e o 25 de abril no Teatro Principal de Pontevedra sob a temática da relación entre a filosofía e a revolución. Segundo a coordinadora da Aula Castelao, Ana Regueira, escolleuse  o tema porque “xa non chega con ser uns rebeldes. As cousas necesitan un cambio cualitativo” e por iso os relatorios estarán relacionados coa posibilidade de establecer unha orde social distinta, máis xusto. Esta edición servirá para homenaxear o corenta aniversario da Revolución dos Caraveis, que se cumpre neste 2014. Entre os relatores encontrarase Otero Saraiva de Carvalho, o ex militar e político portugués que impulsou a revolución lusa para abrir o periódo democrático tras o réxime ditatorial de Oliveira Salazar. O relatorio inaugural correrá a cargo do crítico literario Terry Eagleton baixo o título ‘Por que Marx tiña razón?’.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: