off
Literatura, Poesía — 11 Marzo, 2014 at 10:40 a.m.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lembra a Xela Arias

by

Ollaparo_XelaAriasXela Arias será homenaxeada hoxe en Vigo nun acto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Instituto Álvaro Cunqueiro, un dos centros de ensino onde impartiu clases. A partir das 19.00 horas, familiares, amigos e coñecidos do mundo das artes, do teatro, da literatura e da edición reuniranse para ler poemas da autora de Tigres como cabalos , con música de Xardín desordenado e do clarinete de Fernando Abreu coa voz da escritora Iolanda Zúñiga.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off