off
Galiza, Movementos sociais — 11 Marzo, 2014 at 7:00 p.m.

Antidisturbios da policía mallan na deputada do BNG Montse Prado

by

Irmandade TV vén de mostrar aos bárbaros refinados  mallando nos mariñeiros. “Déjenos hacer nuestro trabajo”lle espeta un policia ao deputado  do BNG Francisco Jorquera, perdonándolle a vida mentres a  súa compañeira, a deputada Montse Prado intercedía cando un mariñeiro que participaba nos protestos, estaba a ser detido. Foi  empurrada e golpeada a porrazos . Posteriormente, trasladouse a Urxencias para tramitar unha denuncia. O grupo parlamentario do BNG abandonou o hemiciclo tras negarse o PP a suspender o pleno e celebrar unha Xunta de portavoces tras a brutal carga policial producida no exterior do Parlamento. Ante a negativa do vicepresidente Miguel Santalices a convocar a xunta de portavoces decidiu abandonar o pleno e non participar nos debates ante a gravidade da situación. Jorquera pediu ao Parlamento galego a “dimisión do delegado do Goberno” e un pronunciamento contra a carga policial. Os mariñeiros do cerco,  acompañados de familias enteiras e crianzas, sairan ás once da Praza do Obradoiro car a Xunta e despois ao Parlamento: a queima de algún contentor serviulle á policía para cargar polas rúas do ensanche entre a xente  e os  propios manifestantes que se defenderon como poideron.

A policía postmoderna non consigue safarse, revela o grau cero da intelixencia e da política. A senrazón do máis forte. Velaí a dereita española facendo gala da brutalidade dos depredadores. O interese do Pobo? A fartura do Estado? A seguridade dos cidadáns? O principio democrático? Mais unha vez a soldadesca, a policía, na rúa. O Código Civil, o Código Penal e os tribunais só sirven para enviar a prisión aos ionkis, desafiuzar vellos e mallar na xente mentres os  gatos cósmicos se adican a desviar o diñeiro público, a abusar dos bens sociais e a enriquecerse. O delegado do goberno  facendo méritos. O presidente impío,  sigue acubillado na brunete mediática.

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=0wymjU8LWCA&app=desktop[/youtube]

 

 

4 Comments

  1. A imaxe de Xavier Vence é da protesta anterior, a dos alcaldes contra o canon de Sogama onde a
    Policia xa os tratou como delincuentes. Agora o que se fixo cos mariñeiros e a parlamentaria nacionalista non ten perdón. Dimitir non é un nome ruso!
    #MariñeirosEnLoita #PPStyle

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off