off
Politica espanhola — 10 Marzo, 2014 at 11:19 p.m.

A manipulación

by

Xa van aló dez anos do 11-M.  Primeiro van ser  8, 20, … 80 …até 192 mortos. Logo vai vir a noxenta manipulación. Porén,  hai alguén que ainda poida sorprenderse de que a traxedia acabara cun relato así? Unha política de comunicación que se alimentaba de siloxismos falaces do tipo ” se ETA fala co xefe de ERC, ERC goberna cos socialistas, os socialistas falan con ETA. ETA goberna Cataluña”. Ou un de máis recente e renovada formulación: “se o BNG negocia con Bildu para ir ás europeas, e Bildu é abertzale, o BNG defende o que ETA”. Todo isto ten moito que ver coa tradición democrática dos uns dos outros. Non aceptar e inducir e manipular os acontecimentos para asustar e  producir medo non é precisamente un criterio democrático.O Pte da Xunta afirma que iso de ir con Bildu non vai con él, mas o seu PP teima na aldraxe ás víctimas do 36. E ainda hai no PP quen se sorprende que logo do xuizo do Prestige, do xuizo do 11-M, da tregua de ETA, do  Estatut de Cataluña, e da ofensiva contra a ampliación dos dereitos individuais (lei do aborto,etc) e os dereitos lingüísticos dos galegos (lei Wert)  os que dán medo son eles.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off