off
Política, Politica espanhola, Traballo — 8 Marzo, 2014 at 9:49 a.m.

Miranda pregunta ao executivo comunitario que confirme se Navantia ten presentado formalmente a documentación requerida pola Comisión

by

Ana Miranda (eurodeputada nacionalista nesta lexislatura e candidata do BNG nos comicios europeos do 25 de maio) preguntou ao executivo comunitario que confirme se Navantia ten presentado formalmente a documentación requerida pola Comisión en xullo de 2013, así como as xestións realizadas a favor desta infraestructura tanto polo Executivo español como polo Goberno galego. A  pregunta remitida á Comisión, o Bloque salienta “a necesidade urxente do proxecto, demandado desde as instancias sindicais e económicas e polo conxunto da sociedade de Ferrolterra”, argumenta  e lembra a a “estreita vinculación desta comarca á actividade naval, actualmente nunha situación de parálise pola falta de proxectos e investimentos, con consecuencias demoledoras en termos de destrucción de emprego” que lastran o desenvolvemento e o futuro desta parte do país.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off