off
Ciencia — 7 Marzo, 2014 at 11:52 a.m.

Ler 1000 palabras por minuto

by

Spritz, unha compañia norteamericana, desenvolve unha tecnoloxía para dispostivos móbiles que permetirá acelerar o tempo de lectura, até 1.000 palabras por minuto. Traballando co principio que o cerebro humano focaliza a atención nun punto central ou punto de recoñecemento óptimo de cada palabra que permite comprender a totalidade do significado da palabra. Este púnto localízase, normalmente, inmediatamente á esquerda do centro da palabra.

Ollaparo_nexusae0_word_positioning_blog3Entanto a lectura tradicional implica que o texto esté estructurado en liñas e os ollos se movan de xeito secuencial, de verba en verba, a tecnoloxía Spritz apresenta as palabras unha logo da outra, de forma superposta. O resultado é que o lector xa non navega pola páxina, mas centrando a vista nun esapzo de até 13 caracteres.  A aplicación destaca de cor vermella o caracter concreto de cada palabra na que o lector terá de  fitar fixamente, as palabras fican arringleiradas de xeito que o destacado sempre se situa no mesmo punto, evitanto que o lector mova os ollos. O trebello permitirá escoller a velocidade de lectura, dende un mínimo de 250 palabras por minuto até as 1000.

nexusae0_spritz

Inicialment, estarà dispoñiblel para o teléfono intelixente  Galaxy S5  e para o reloxo intelixente  Gear 2, os dous Samsung.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: