off
Politica espanhola, Traballo — 7 Marzo, 2014 at 6:50 p.m.

A integración da muller no mercado laboral español recua segundo o índice PwC Women in Work

by

O estado español aparece no rodapé dos paises da OCDE en materia de integración da muller no mercado laboral. A posición vintetrés de 27 paises nunha clasificación liderada polos de sempre (Noruega, Dinamarca e Suecia), segundo o índice PwC Women in Work, que se vén de facer público hoxe por mor da celebración mañá do Dia Internacional da Muller  Traballadora.

Segundo  o informe, España empiora a súa posición en comparanza co ano pasado como consecuencia do medre da diferencia salarial,  a muller representa eo 60% dos universitarios e o 45% do  mercado laboral, porén hai un desequilibrio entre estas cifras e o seu papel nos cargos públicos.

 

Ollaparo_PwC_2

 

Acrescentou a presenza das mulleres en direccions funcionais, pasando do 19% a un 22% os últimos dous anos. Tamén aumentou o número de conselleiras, que pasa dun 11% o 2012 ao 16% actual. Porén, mantendo este ritmo de crecemento non se poderá chegar ao obxectivo do 40% establecido na l ei de igualdade  e na directiva europea.

Ollaparo_PwC

O informe pon de relevo que algúns investidores comezan cuestionando a falta de diversidade nos consellos de administración Ademáis, o estudo sinala que as compañías españolas cada vez teñen máis conciencia da necesidade de avanzar polo vieiro da diversidade de xénero, se ben o informe sinala que para acadalo é fundamental xestionar o cambio cultural na organización.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off