off
Europa, Politica internacional — 6 Marzo, 2014 at 1:10 p.m.

O Parlamento de Crimea aproba a incorporación a Rusia

by

Ollaparo_CrimeaInforma EFE que a decisión tomouse só un intre despois  que goberno o goberno anunciara a intención de facer un referendum de autodeterminación para o 16 de marzo. A decisión terase que ratificar  no referendum logo de que os deputados do parlamento  de Simferopol adoptaran por unanimidade unha resolución que establece que esta autonomía ” se incorpora á Federación Rusa en calidade de suxeito” dela.

Vladimir Putin  xa foi informado do desexo de que esta república autónom hogano ucrainesa, segundo anunciou ao mediodía o voceiro do Kremlin, Dmitri Peskov,na televisión estatal rusa. Crimea, unha rexión cuxa poboación é maioritariamente de etnia rusa, estivo no centro das tensións tras a caída do presidente  pro-Moscova de Ucraína.

“A Casa blanca està estudando un amplo abano de opcións en resposta á violación da soberanía e a integridade nacional de Ucrania, que constitue unha ameaza á paz e seguridade e un incumprimento da legalidade internacional”, informa a BBC. Segundo a cadea británica, mentres tanto, Washington di que está emitindo restricións de visado contra un número de empregados e individuos ucraínos e rusos, en consonancia coa política de “negar visados para os responsables ou cómplices de ameazar a soberanía ea integridade territorial de Ucraína”.

Algúns membros da UE, en particular os de Europa Oriental, teñen apelado  a duras sancións sobre Rusia, mentres que outros – liderados por Alemaña – prefiren enveredar polo camiño da mediación.

Tanto o secretario de Estado de Estados Unidos John Kerry e ministro de Asuntos Exteriores ruso, Sergei Lavrov, está en Roma para unha conferencia planificada hai tempo sobre Libia, pero crese que poden seguir as discusións sobre a Ucraína.

Crimea tén dous millóns de habitantes, dos que o 60% son rusos, un 26% ucraineses e un 12% tártaros, favorables a manter a rexión autónoma dentro de Ucrania.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off