off
Brincadeiras — 5 Marzo, 2014 at 8:10 p.m.

Plataforma de urxencias

by

(Aviso: os personaxes e situacións que aparecen neste artigo son totalmente ficticios.Ah; e non se maltrataron animais, só  a persoas humanas.Cousas do enterro da sardiña)

Tarde de antroido e marzal, por exemplo, onte. No lugar da reunión hai barullo de conversas cruzadas.”Non, o da praia non pode seguir así, afirma XLV. “É unha desfeita, unha auténtica desfeita”.É da máxima urxencia”.”E que propós?”.Agora que xa non está L. hai que pensar unha cousa ben contundente: hai que facer unha Plataforma”. “Outra?E non habería que contar con Somos Cedeira….?”. Somos Cedeira, Somos Cedeira, e que problema hai?, nós somos Cedeira, acaso non somos todos os que estamos?”.”Veña M.  chama aí a F. a  ver que sabe de SC”. “Contundente? E que queres dicir exactamente, Xosé Lois? “Hostia, M., os aquí presentes temos unha responsabilidade” (“e de paso arrapañamos algún peixe ben intencionado, que as europeas están á volta -pensa pra si chiscando un ollo cun aquel de emoticón  😉   larpeiro:  “xa temos o titular”).  “Veña, ti mesma de portavoz”. E despois, veña oh, concéntrate e respira fondo…Preparada? “Ondia, vaia molleira que levo! . A próxima reunión non pode ser na praia” (to be continued, ou non)

One Comment

  1. Semella que auga da torneira chegado o tempo do galiñeiro electoral deixou de tornar Lorazepan, agora è tempo de testosterona

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off