off
Galiza, Politica espanhola — 26 Febreiro, 2014 at 11:58 a.m.

Rajoy esquécese das víctimas do Alvia e gábase da venda de NCG

by

Ás 10:48  Olaia Fernández Davila (BNG), recriminou a Rajoy que non tivera lembranza ningunha coas víctimas do Alvia a Santiago de Compostela. Só 73.000 persoas seguiron o discurso de Rajoy no Canal 24 Horas. Mínimos históricos. Para  Mariano Rajoy, Galiza só vale  o reparto da PAC  que segundo o seu goberno beneficia a Galicia, e seica  é “moi activo” para conseguir traballo para os estaleiros e, ademais, está “orgulloso” da venda de Novagalicia Banco.“Non sei que é o que lle parece mal da venda de Novagalicia Banco”,dixo.

Todas as reformas supuxeron recortes: nos servizos públicos, nos dereitos, nos salarios e nas liberdades”, lembrou Olaia Fernández, que advertiu que todas as reformas laborais do goberno central “converteron España no Estado con peor protección laboral na UE” tras “entregarlle todo o poder á patronal”.

Para Rajoy, os temas que o BNG considera tamén erros, eivas e duras consecuencias das políticas do PP, como “a recentralización de competencias” exemplificada na reforma local, a Lomce ou outras leis, paradigmas “de usurpación e vulneración competencial”, non merecen consideración

 

“Non me preocupo moito do que di vostede”, espetoulle Rajoy á voceira do Bloque

 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=68lfAOk7HQw[/youtube]

Intervención de Olaia Fernández Davila do debate de política xeral do Estado ©BNG

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off