off
Historia, Movementos sociais — 26 Febreiro, 2014 at 7:31 p.m.

A Pegada dos Avós na voz dos novos

by

Un proxecto documental dirixido por Xosé Abad onde sete estudantes de Bacharelato Artístico do IES Adormideras de A Coruña se introducen na memoria dalgunhas familias que foron vítimas da guerra civil española.En Cedeira sabemos do autor logo dunha primeira achega á temática da guerra civil en O segredo da Frouxeira. Coñecer a verdade é o único camiño para un dó ben sucedido. O que temos agora é trauma sen sutura. A pegada dos avós é unha viaxe ás feridas dos vivos na memoria dos devanceiros. A escola móstrase coma un vieiro necesario para darlle voz no presente aos que xa non a teñen.

Teaser

Producido por EAF Producións, coa colaboración de Zen Audio Pro e CG Pro e o apoio de El Laurel e   CRMH (Comisión para a recuperación da Memoria Histórica).

O venres 28 será proxectado en Ferrol na Fundación Novacaixagalicia (Praza da Constitución) ás 20:00 horas. O acto, organizado polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, ten entrada libre ata completar aforo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off