off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 18 Febreiro, 2014 at 8:51 p.m.

Dime a quen culpas e heiche dicir quen es

by

Coma moitos rapaces galegos  Xulio  Saians viviu o seu momento de reivindicación identitaria de Galiza en Compostela. Nun país minorizado tamén contamos con unha base social forte por moi minorizada que a queiran ver. Motivacións e sensibilidades moi diversas confluiron  tradicionalmente en Compostela como capital que é do país, espazo liminal de transformación da xuventude que aspira ser algo máis ca un coleóptero, entre o ideal ascético revolucionario e o ideal de sociabilidade hedonista-libidinal do propio país. Neste proceso confluen a mudanza individual e as arelas dun obxectivo común: acadarmos milloras nos ámbitos económico, social e de ocupación imprescindibles nun contexto de credo neoliberal e privatizacións, de retroceso de dereitos e progresiva españolización e centralización de competencias que se crian acadadas para sempre. A un estudante de políticas non lle  había ser alleo que históricamente, o progreso social, económico e cultural de Galiza coincidira no tempo coa vindicación por parte da cidadanía dos seus dereitos como nación. Se ademáis lle sumamos orixes humildes, un esforzo suplementar e un maior dinamismo por abrirse paso, teremos o retrato de centos de estudantes do país.

Cando  soubemos da infeliz detención de Saians  como presunto xefe do aparello de financiación dunha organización armada que inda a día de hoxe non sabemos se existe ( Resistência Galega), en pleno revival  do que vén o lobo terrorista, cando sabemos que non é certo, estarmos á espreita é unha esixencia racional, non cedermos á paixón contra a razón, á histeria contra a reflexión, a xenreira e a falsa conciencia contra o entendimento e a explicación. Fronte á brutalidade liberal e fronte ao sistema estatal vertical cómpre máis horizontalidade, máis pobo. Fronte o cinismo do liberalismo institucional de dereitas e de esquerdas, nen deus, nen amo, nen armas: reapropiación de un mesmo a través do “facer” persoal aquí e agora, refugando o que non achega nada á colectividade na que vivimos e do que só serve para unha resposta baseada no xesto represivo e na aldraxe.

Porque Galiza non ten desenvolvido un “terrorismo organizado”. No entanto,  seica rexurde  cada pouco como unha faísca furiosa desa máquina de dar terroristas que é Galiza,  patria da Revolta Irmandiña, xaora!.Xa todo o mundo se debeu dar por enterado.

Daquela, seica chegou a Policia Nacional á súa casa ferrolá, detivo á súa compañeira (que tivo que levar con ela ao meniño de oito meses) e máis a el. Ambos os dous foron incomunicados e trasladados provisionalmente a prisión. A compañeira saiu aos poucos días sen cárregos, e Xulio, logo de 40 días de prisión, tamén saiu. Disque entre os comentarios que lle fixeron os policias durante a detención houbo un moi esclarecedor: “lleva dinero para pagarte el bus de vuelta desde Madrid”. Se cadra sabian de sobras que non era culpable. Do que se deduce que hai que ter coidado con usar  como insultos determinadas palabras que acaban significando nada, mas meten o medo no corpo a través dos mecanismos da maquinaria española, un esquema represivo herdado das horas máis escuras do estatalismo vertical. Porque Galiza non ten desenvolvido un terrorismo organizado. No entanto,  seica rexurde  cada pouco como unha faísca furiosa desa máquina de dar terroristas que é Galiza,  patria da Revolta Irmandiña, xaora!.Xa todo o mundo se debeu dar por enterado.

Fronte o cinismo do liberalismo institucional de dereitas e de esquerdas, nen deus, nen amo, nen armas: reapropiación de un mesmo a través do “facer” persoal aquí e agora, refugando o que non achegue nada á colectividade na que vivimos e que só serve para unha resposta baseada no xesto represivo e na aldraxe.

Agora o xuiz di que Xulio non era o xefe do devandito aparello de financiación, e fica libre sen cárregos. Fará a prensa algun tipo de aclaración ao respecto despois da campaña culpabilizadora? Fe de erratas? Desculpas públicas? Desagravio? Que fixo este rapaz e a súa familia para merecer este escarnio? Quen lle devolve os días, quen lle tira a espiña da tragadeira? Quen asume as consecuencias desa detención? Atópase traballo facilmente nunha vila se a prensa dixo de ti que eras un terrorista? Porque non hai coma un terrorista fotografado cunha crianza no colo, velaquí algo que excita ás masas como o monstro na parada.

Foi patético con Felipe González, surrealista con Fraga e desasosegante con Aznar. Con Rajoy o aspirante a psiquiatra ten onde debullar. Dificil é esquecer o seu paifoco e infeliz: “No habrá independencia de ningún territorio español”.  Ao cabo, tratábase diso, intimidar, demonizar e estigmatizar mais unha vez a vindicación por parte da cidadanía dos seus dereitos democráticos como nación. Acusacións baseadas en hipóteses. Criminalización da disidencia. O terrorismo é a palabra que como croio empregamos para castigar ao adversario cando se quere condear sen probas: independentista galego resposta a esa lóxica. Fronte a un expediente baleiro e falta de probas, que lle cómpre facer ao xornalismo? Convidar ao debate.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off