off
Europa, Mar e Pesca, Politica espanhola, Traballo — 4 Febreiro, 2014 at 11:48 a.m.

Galiza volve sair prexudicada no reparto de xarda e xurelo

by

“Mentres o Goberno vasco defende a súa flota no reparto da xarda, a Xunta cala”

Daniel Rodas (BNG)

 

Daniel Rodas, portavoz de pesca  do BNG, ten claro que “somos a zona de maior dependencia pesqueira de toda Europa, coa maior flota, e co maior número de empregos, pero o Goberno galego nunca estivo a altura para esixir o que nos corresponde”.  Nese sentido, vén de criticar as declaracións realizadas pola titular da consellería do Mar, Rosa Quintana nas que responsabiliza ao sector pesqueiro galego da “nefasta” negociación no reparto de xarda e xurelo. O parlamentario nacionalista  preguntou  que papel tivo a consellería galega do Mar nesta negociación e cal foi a posición do Goberno galego porque o único que coñecemos, explica, é a defensa do Goberno vasco: “El Gobierno vasco insta al MAGRAMA a que el reparto interno de cuotas de pesca responda a los intereses de la flota vasca”, mentres isto ocorría, engade Rodas, algún alto cargo da consellería do Mar mantíñase “ caladiño”. O Goberno galego exerceu de “convidado de pedra” e definiou este  modelo “de reparto madrileño”

 O reparto

Segundo a forza nacionalista de esquerdas, o  computo establecese interesadamente a partir das capturas entre os anos 2002 e o 2011.  Esta pesquería foi historica e principalmente  aproveitada  pola flota galega, pero a raíz do esgotamento doutras especies, pasaron a aproveitala flotas que agora reclaman o seu dereito as capturas históricas e foron elas, e non a galega, as que provocaron que a día de hoxe esteamos soportando unha sanción por exceso de capturas. Se atentermos a ese reparto, o criterio aplicado favorece  descaradamente os intereses da flota vasca, que acapara así o 70% do total de capturas na xarda, o que representa unha auténtica aldraxe aos intereses galegos.

Un outro  modelo equitativo

Para Rodas, o modelo “equitativo” de reparto que prima as capturas históricas “contrasta co modelo que se leva a cabo noutras artes onde se considera prioritario o reparto lineal entre buques, complementado a diferenza có número de tripulantes e como último a menor porcentaxe tense en conta o reparto en función das capturas históricas”

 

Os dereitos a pescar de Galiza supeditados a criterios partidistas

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que a máxima responsábel da pesca galega culpe ao sector do cerco por “reclamar solucións a súa dramática situación” e que o o vindeiro mércores volten de novo a Madrid, de “excursión, segundo a conselleira, para continuar coas negociacións.

Para o BNG, a consellería do Mar non consensuou co sector unha posición clara que bote abaixo a negociación e defenda dunha vez os intereses da flota galega.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off