off
Historia — 4 Febreiro, 2014 at 10:58 a.m.

A ONU teima, os crimes franquistas hai que xulgalos

by

Nas Observacións preliminares o relator da ONU gaba o proxecto galego Nomes e Voces impulsado pola Universidade de Santiago

A ONU non dá e insta a España a anular a lei de amnistía de 1977. O relator especial para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantias de non repetición das Nacións Unidas, , vén de lembralo: os crimes franquistas hainos que xulgar.O relator pediulle ao Goberno español que deixe sen efeito a lei de amnistía de 1977, xa que o organismo internacional considera que esta lei, nacida na Transición, non permite pescudar os crimes franquistas e non respeita o dereito internacional. O mes de setembro presentará o seu informe de recomendacións.

A política do esquecimento non serve, afirmou de Greiff. A ONU non entende a negativa da xustiza a extraditar torturadores. Na práctica, a lei de amnistía acabou cumprindo as funcións dunha lei de punto final porque se utilizou para arquivar a práctica totalidade dos casos que chegan aos xuices.

A ONU ten pedido en numerosas ocasións ao estado español mudar a política de memoria histórica. Porén, o goberno e a xustiza española negáronse e mesmo reafirmaronse na súa vontade de pasar páxina.

O representante das Nacións Unidas confesou que en vinte anos nunca vira tanta distancia entre as víctimas e as institucións e amosouse preocupado pola decisión da Fiscalia da Audiencia Nacional de denegarlle a solicitude de extradición á Arxentina do expolicía José Antonio González Pacheco, Billy el Niño, de alcume. Acusado de torturas, moitas das dúas víctimas ainda lembran “as súas malleiras” que dirixía dende o primeiro andar da dirección xeral de Seguridade de Madrid. De Greiff acrescentou a necesidade “urxente” de que o estado español recoñeza as víctimas do franquismo.

“É mesmo surprendente comprobar que non se fixera máis a favor das víctimas”.

 

No estado español hai documentadas máis de duas mil foxas nas que hai enterradas, calcúlase, 45.0000 persoas. Atopalas, identificalas vai alén de calquera consideración política porque responde a principios e dereitos xerais que nos afectan a todos, afirmou o representante da ONU. Para de Greiff o modelo de privatización das exhumacións facilita a indiferencia das institucións do Estado.

O relator da ONU, que visitou a Illa de San Simón, recolle as seguintes observacións preliminares:


…en Galiza, a Universidade de Santiago de Compostela implementou un proxecto chamado “Nomes e Voces” que logra por en coñecimento do público a través dunha excelente páxina na rede electrónica, información catalogada e sistematizada acerca das víctimas da guerra civil en Galiza, inserindo testemuños de víctimas e familiares, documentos e fotografías.Porén, non existen  hogano iniciativas semellantes a nivel estatal e non hai coordinación de abondo conoutras iniciativas do mesmo tipo que se desenvolveron noutras comunidades. Ainda hai menos coordinación con relación a esforzos encamiñados ao esclarecimento desenvolvidos por asociacións particulares a nivel local. Todos estes proxectos adolecen de falta de recursos.”

Na súa visita ao Valle de los Caidos – o mausoleo que Franco erixiu para que ninguén esquecera a victoria do exercito sublevado contra a legalidade democrática-  constatou que non hai nada no lugar que achegue calquera tipo de información ou sinalización sobre como se construiu – erguérono presos en rexime de escravitude, moitos deles  deixaron alí as súas vidas- nen sobre as condicións de traslado de moitos corpos que hai enterrados.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off