off
Desporte Cedeirense — 27 Xaneiro, 2014 at 5:30 p.m.

O Clube de Remo de Cedeira trunfa no campionato galego de remoergómetro

by

No Campionato Galego de remoergometro celebrado o pasado domingo 26 de xaneiro, no pabillón de A Malata, en Ferrol,o  Clube de Remo de Cedeira acadou moi bos resultados,tanto na clasificación por equipos,como na individual.

Na categoría  alevín feminino Noemi Martín Piñón acadou o primeiro posto ,proclamándose campiona galega da categoría,tamén nesta categoría Ánxela Ponce acadou o sexto posto e Carolina Permuy o octavo posto

Na categoría alevín masculino, Raúl López acadou a cuarta posición a tan só 3 segundos do segundo clasificado, na mesma categoría Marcos Pernas acadou a posición 17,Elliote Black a posiciòn 31,e Diego Lozano a posición 37

En infantíl masculino , Francisco Tojeiro acadou a posición 12, e moi perto Luís Pérez na posición 14,na posición 23 e 24 están Adrián Fernandez e Bruno Pérez respectivamente,separados tan só por unha décima de segundo

En cadete masculino, Joao Pedro Da Silva acadou a sexta posición a dous segundos do terceiro posto, Xabier Salgado acadou o posto 25,e Adrián Herrera o posto 35 de 77 participantes.

Na modalidade por equipos,na categoría alevín feminino: Noemi Martín, Ánxela Ponce,Blanca Canosa e Carolina Permuy conseguiron o primeiro posto, proclamandose campionas galegas por equipos

En alevín masculino, Raúl López,Marcos Pernas,Diego Lozano e Serxio Lozano acadaron a terceira posición no campionato a tres segundos da segunda posición

En infantil masculino, Luís Pérez, Francisco Tojeiro, Bruno Pérez e Adrián Fernandez acadaron tamén o terceiro posto na categoría a menos de un segundo da segunda posición

Finalmente, na categoría cadete masculino, Joao Pedro Da Silva,Adrian Herrera,Iñaki Puñal e Javier Salgado conseguiron un meritorio sexto posto.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'” lightbox=”true”]

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: