off
Cedeira, Política local, Urbanismo — 25 Xaneiro, 2014 at 7:26 a.m.

O ‘pobo precioso’ precisa ser humanizado

by

Chamarlle ao arranxo de rúas ‘humanización de avenidas’ é todo un acto de contrición. Luis Rubido, parece que vai deixando lastre logo da demisión do seu irmán e alcalde durante 40 anos, Leopoldo Rubido. O ‘pobo precioso’ precisa ser ‘humanizado’,madía-leva. Vaites ti o que entenden por ‘humanizar’ quen teimaron décadas en presentar con retórica baleira, unha vila realmente inexistente e ficticia en termos de calidade de vida. As que teiman en seguir chamando ‘avenidas’  disque  agora precisan ser repensadas para os viandantes, para as persoas.

A Deputación popular, que xa está en campaña europea,vén de achegar 108.000 euros do POS 2013. Esperemos que logo de arranxar a Praza do Peixe ,a praza de Galicia, a rúa Rosalía a da Marina e Arriba da Ponte comecem a arranxar as ruelas que máis precisan ver redefinido o tránsito de veículos e alargado o espazo para as persoas: no Floreal e na Área terian onde escoller.

 

Ao mellor tamén che interesa:

1812 vivendas baleiras. Cedeira, terra do tixolo

Conflito de intereses e urbanismo. A propósito dun caso

A costa dos chiringuitos

Quality of life ranking of Spanish Municipalities

Ao final da escaleira. Desfeita urbanística

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off