off
Ciencia — 21 Xaneiro, 2014 at 7:19 p.m.

Erótica do dedo a escala nanométrica

by

Un grupo  de investigadores do Karolinska Institute e do Instituto de Química das Superficies de Suecia, veñen de poñer a prova a sensibilidade do bico do dedo con 16 superficies cunha rugosidade imperceptibel á vista. O estudo publicouse en Scientific Reports.


Coñecer os límites do tacto permitirá desenvolver novos materiais e dispositivos móbiles máis sensíbeis que abren camiño á experimentación en realidade virtual. Nunca se sabe o que pode un dedo. En concreto, no estudo empregáronse enrrugas que ian dos 300 nanometros até os 90 micrometros de altura, entre os 7 nanometros e os 4,5 micrometros de largo. Segundo a investigación, a enrruga más miúda que un dedo en movimento pode perceber tería 760 nanómetros de altura e 13 nanómetros de largo. A sensibilidade do dedo en repouso é  moito menor, xa que cando se move a vibración que xera a rugosidade contribue a unha maior sensibilidade.

A erótica a escala nanométrica precisa tamén do movimento e da topografía. Ao parecer o sentido do tacto nos dedos é complexo. O estudo da superficie do dedo depende de paisaxes e xeografías diferentes en cada indivíduo. O tacto muda segundo a forza que se exerce, varía segundo as lenes vibracións que se xeran ao frotar do bico do dedo sobre un corpo. Amplíanse os horizontes psicofísicos da percepción, a erótica nanométrica.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off