off
Normalización lingüística — 19 Xaneiro, 2014 at 1:56 p.m.

Anainas para normalizar

by

Anainar crianzas é  abrazar o latexo da vida nova que agroma, ao xeito universal do amor das palabras que borboriñan  tecendo vincallos de afectos, querencia e respeito. O modélico  Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo  colabora dende hai tres anos cos músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández  nun obradoiro de cancións de berce.  Cando as palabras arrolan sentímos ben, sentímonos na casa,  no colo máis querido e doce.  Normalizar con anainas é unha iniciativa ben fermosa que atende ao que hai que atender, achegando o  mellor que temos para quen máis queremos, a prosodia que nos une dende o berce.

 

Vídeo gravado no Obradoiro de nanas, en novembro de 2013, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.

Canción: “A bicos”. Arrolos de Salitre, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, na voz de Fani Otero

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off