off
Mar e Pesca — 18 Xaneiro, 2014 at 7:25 p.m.

Lonxa

by

Segundo dados tirados de Pesca de Galicia, plataforma tecnolóxica de pesca da Consellería de Pesca, na lonxa de Cedeira descargáronse no que vai de século XX, 11.402.217,55 quilos de todas as especies que atinxen diferentes variedades de bibalvos,cefalópodos,  crustáceos, gasterópodos e peixes. Dende o 1 de xaneiro de 2001 a 2013 facturáronse na lonxa  perto de oitenta millóns de euros (79.737.292,24) e unha media interanual de 6,89 €/kg. O último ano, a especie que soergueu a facturación da lonxa cedeirense, volveu ser a pescada  con 140.415,80 quilos e unha facturación de 537.171,54€. Seguida de xuliana, pancho bicudo e  percebe. En 2003 descargáronse 182.576,40  quilos de pescada (merluccius merluccius) que facturaron  1.074.822,58 €.

Cómpre suliñar a destacada presenza de especies como a xuliana- esa variante sustitutoria do peixe sapo- que pasou dos 401.741,80 quilos descargados en 2005 (2.352.234,64€) aos 104.025,30 quilos (542.316,65€) en 2013. Só en 2005 descargáronse de peixe  sapo 401.741,8quilos( 2.352.234,64€)  fronte os  4.959,20  quilos(34.470,99€)  de 2013.

Actividade industrial estratéxica

Cedeira, que vén de estrear as novas instalacións da lonxa, mantense entre os primeiros portos galegos en descarga e facturación mália o devalo do sector. Porén, agás as de Burela e Celeiro, poucas son as lonxas do país que teñan medrado en termos cualitativos fronte ao limitado indicador  cuantitativo das capturas.  Que haxa 22.300 afiliadas (só tripulantes) na Seguridade Social, máis as mariscadoras, empregados en terra  e na acuicultura amosan a importancia e o arraigado das pescarías galegas

A economista da USC, Carme García Negro lembrábao hai pouco: o 65 % do PIB galego  alicerza nas vilas mariñeiras, poñendo así de relevo o sentido estratéxico que a pesca ten para Galiza como actividade industrial. Que os mariñeiros saben pescar non é nada novo, a que é menos coñecida é a súa  capacidade organizativa – para alén dos pioneiros conxeladores de Pescanova- . Fronte ao devalo de capturas sería bo reflexionar sobre a innovación no sector (as vellas fábricas de salazón históricamente impregnaron de pluriactividade económica a vila de Cedeira), non só a transformación e comercialización pesqueira (o proceso que vai da primeira venda en lonxa até a presentación, a publicidade dos productos da pesca e a oferta grastronómica dos restaurantes), mais a procura de novos ámbitos de cooperativización e diversificación.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off