off
Contos, Lendas, Literatura — 14 Xaneiro, 2014 at 1:16 p.m.

Conta con Narón. Festival Internacional de Narración Oral

by

Nesta xeira o festival contará cos galegos Quico Cadaval  e Paula Carballeira e os monólogos da colombiana Carolina Rueda,  palabradora , prolixo  verbálística  e Oswaldo Pai,  que integra a animación e a narrativa  co malabarismo de objectos-palabras ( o seu repertorio está composto de súas propias historias da creación, outros inspirados na tradición oral e literatura infantil actual)

 
 
Programa

Xoves  no café-teatro do Pazo da Cultura, a paritres das  20.30 horas co espectáculo “Concierto sexo” onde se unen as historias do valenciado Félix Albo e a música de Carlos Oramas para falar de humor, sensibilidade e erotismo. No mesmo espazo e hora, pero o venres, será a quenda do artista aragonés Oswaldo Pai, actor e animador especializado na narración de contos nos que están integrados malabares con obxectos e con palabras. O repertorio fórmano historias de creación propia, outras inspiradas na tradición oral e algunha baseada en textos de autores de literatura infantil actual.

O sábado  rematará o festival cunha contada colectiva ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. Ademais de Oswaldo Pai estará a colombiana Carolina Rueda, unha das grandes narradoras orais sudamericanas da actualidade e os galegos Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral e narrador de sólido prestixio, e a fenesa Paula Carballeira, escritora e actriz cunha longa traxectoria internacional.Os espectáculos no Pazo teñen unha entrada de 9,50 euros para o público en xeral, 6,65 para abonados e 5,50 con Carné Xove.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off