off
Literatura, Poesía — 4 Xaneiro, 2014 at 4:37 p.m.

Avelino Díaz: poeta da Galiza emigrante (I)

by
Avelino DíazNado no ano de 1897 na parroquia de Santa Comba da Órrea, concello de Riotorto –Lugo-, a súa familia trasládase a Meira cando el tiña dez anos, e pouco despois, con apenas doce, comeza o seu periplo como emigrante: un parente lévao a traballar en Buenos Aires,  “como se me dixesen que fose sachar patacas ao leiro ou levar as ovellas ó monte”.Volta para Meira en 1916, onde subsiste facendo de mestre –sen título oficial- de tres aldeas da bisbarra e indo ás segas a Castela. 

 

 

Goat wagon peddler, Cuba, ca.1895-1920
Goat wagon peddler, Cuba, ca.1895-1920

Catro anos despois volve emigrar, desta vez para Cuba. Pero non ía encontrar na illa o afamado paraíso de colonizadores, senón que había sufrir as duras condicións de miseria e represión polas que pasaban os traballadores. Dous anos despois decide volver a Buenos Aires, onde xa se establecería definitivamente.

 

Reproducimos, a seguir, uns fragmentos dalgúns dos seus abondosos poemas:

 

Que froreza nos prados feiticeirosa gama de choridas máis fermosae que medren nas valgas i-ós outeirosverdescentes ramallos de loureirospra coroar túa frente maxestosa.

(de ¡MIÑA PATRIA!)

Levaba anceios na ialma,na fronte, sonos dourados,nos beizos, ledas surrisas,no peito amores caladosi-en meiguice de luceirosos ollos engaiolados.   (de SOMA ESVAÍDA)

 

 

Xesteiras de Santacomba,donde andiven de rapaz,toxal da serra de Meira,quén vos puidera mirar!

(de AS XESTAS)

 

Non reces que-é de cobardesrezar, i-é cousa cativa;e Deus, anque se lle pregueós debles non fai xusticia.

(de ¡ÉRGUETE POBO!)

¡Se xa na ponte de Meirasemellas ser un lanzalmozo, que canta cantigasi-ó lonxe vai troulear!

(de RIO MIÑO)

Unha vez indo prá feiracunha linda costureira,tentei de facer entullaIela chantoume, lixeira,en salva parte, unha agulla.     (de MOZAS)

 

 

* Tive notícia deste nosso poeta, em vivo emigrado de corpo e alma e, já finado, no exílio da memória do seu povo. Começo com esta coisinha a minha achega para que volte onda nós. Texto elaborado a partir do livro “Avelino Díaz: Unha voz comprometida na Galicia emigrante” de Marivel Freire, editado pelas “Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego” (Lugo 2002).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off